
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Hoxe tivo lugar a manifestación pro Palestina convocada hai xa varias semanas polo grupo que nos estamos a concentrar pola paz no Cantón dos Moreno de Ribadeo tódolos domingos (estás invitada ou invitado!). Unhas trescentas persoas -e algunhas que se xuntaron despois de comezar, outras que non a remataron- recorremos as rúas de Ribadeo entre…
Onte mércores 20250813, tivo lugar a presentación de As bocas cosidas, libro de Marilar Aleixandre, na Biblioteca pública municipal Viejo Pancho de Ribadeo. Era a segunda presentación, despois da inicial poucos días antes na feira do libro de A Coruña. Deixo o vídeo e o escrito da introdución feita por min, tras unhas poucas notas…
Si, necesitamos unha disrupción. E que é iso? Unha ‘rotura ou interrupción brusca’, di o dicionario castelán, adaptación doutro termo inglés, á súa vez doutro latino. Vese que a cousa viuse dende hai tempo, é histórica. Mais en galego parece que aínda non está admitido o termo… e con dificultade, o feito. E para que?…
Onte ardeu o Ribanova, edificio plenamente identificado con Ribadeo, en plena rúa e praza de San Roque. Por sorte, non houbo que lamentar perdas humanas, aínda que o edificio quedou destrozado, excepto as dúas pareces á rúa e praza. A estas alturas, non se sabe a orixe do incendio, sobre o que se ten dito…
ORDENADOR RAPEIRO Xosé Carlos Rodríguez Rañón Con el rapeará en directo o cantante madrileño Bnet, desafiando así a intelixencia artificial, creada neste caso por un equipo de especialistas galegos afincados en Navarra e formado por directores de cinema, de fotografía e por artistas en 3D. Algúns dos seus membros (que xa contan tamén co seu…
NOTA INFORMATIVA DO COLECTIVO POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES O pasado día 29 de xullo o Concello de Ribadeo tomou posesión dos terreos adquiridos enfronte da Estación de Servizo para construír un novo Centro de Saúde. Deuse así un paso mais para levar adiante o demencial proxecto de pechar o actual centro, situado no…
O pasado sábado tivo lugar o concerto, e deixei o vídeo. A recepción foi moi boa, tanto polos propios coralistas como polo público, de xeito que non sería raro que se repetira de xeito periódico a intrvención de antigos participantes na coral. Faltaba de subir o tríptico. Aquí queda, tanto en .jpg como en .pdf…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (941) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (547) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (576) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (980) Meteoroloxía (94) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (138) Pancho Campos (132) paz (217) pensións (99) plenos (227) política (1463) Recuncho da lectura (86) residencia (131) ruído (126) ría (161) sanidade (104) sociedade (3376) Suso Fernández (170) tecnoloxía (165) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (77) Ángel Alda (100)