Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: fotos

  • Demasiadas reivindicacións?

    Demasiadas reivindicacións?

       Onte en Ribadeo tiveron lugar a inauguración dunha estatua na praza oito de marzo e a concentración dos primeiros sábados de mes polas pensións. Non tería nada de raro senón porque houbo unha coincidencia de horas. A concentración polas pensións leva celebrándose varios anos os primeiros sábados de mes á mesma hora, as 12…

  • Fotografías en Commons

    Hai tempo que as fotografías cargadas para Wikipedia e proxectos irmáns van a parar non a cada proxecto, senón case sempre a Commons. E sempre cunha licenza libre, do tipo Creative Commons recoñecemento compartir igual 4.0 internacional Por unha casualidade, atopei un método sinxelo que permite o sistema Wikimedia para ver todas as fotos cargadas…

  • Pasando sobre dalgunha medida de fase

       Corto e pego abaixo o que remato de ver no Facebook do alcalde de Ribadeo (non está aínda nas novas da web do concello), e deixo antes algún apunte que tomei días pasados. Non para ir contra do goberno, que penso que non o está facendo tan mal dentro das posibilidades que ten a…

  • Normalizando? Día de mercado en Ribadeo

       Hoxe merquei no aparcadoiro, no lugar provisional do mercado semanal dos mércores en Ribadeo. Pouca xente (tamén era cedo), maioría de mascariñas, abrumadora entre os vendedores, pero non entre os clientes, sensación de aprendizaxe nunha situación que só se considera provisional a medias, e sentemento de que por algures hai que continuar cara a…

  • #omeumarfavorito? O mar. Un concurso aberto, non confinado.

    Crónica 3 e o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Mariña-Ortegal poñen en marcha o concurso #omeumarfavorito    A Mariña, 16 de abril, 2020. Crónica 3 e o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Mariña-Ortegal presentan o concurso fotográfico #omeumarfavorito. Con el queremos poñer en valor a importancia do mar nas nosas vidas.…

  • Mirando á auga dende a casa

    Deixo as fotos anteriores, ampliables moito premendo sobre elas, como unha manifestación máis dos cambios pola pandemia. As fotos, da ESA, son da lagoa de Venecia. Na de abaixo, do ano pasado, vese multitudes de estelas de barcos na auga, en particular no Gran Canal que serpentea pola cidade e pola canle da Giudecca, que…

  • Lembrando festa: libro das festas patronais de Ribadeo 2007

    Nestes días nos que sentimos a necesidade de orden de xeito diferente ó habitual, tpeime co libro doas festas patronais de Ribadeo de 2007. A primeira reacción foir ler (índa non o fixera), e logo, facer posible de xeito doado a lembranza a outra xente. A solución foi escanear. Iso si, suprimín as follas que…

  • Ribadeo: vista parcial da mañá de ano novo

    As rúas non estaba baleiras, pero menos aínda cheas, mentres o sol ía desterrando o frío do novo ano…

  • Na Ponte de Arante, romaría das Cruces

    Este luns 10 de xuño foi a romaría das Virtudes na Ponte de Arante. Xuntouse moita xente, a pesar de ser día laborable e de que houbo festa tamén o día anterior (mesmo con representación do combate cos franceses), domingo. Había unha razón para que acudira máis xente que outros anos? Pode dicirse que si.…

  • Paseando sobre a ría de Ribadeo

    Fin de semana. Temperie agradable. Nun entorno como o de Ribadeo, un paseo preto do pobo está á man. Mágoa dun espectáculo como o da foto, tomada nos bloques, cunha luminaria destrozada e un cubo de lixo destrozado e estrado o seu contido. Febre do sábado noite? O carallo! febre de imbecilidade animal.  Lémbrame a…