-
Súbdito e colonizado
Súbdito. Persoa que está baixo o poder e autoridade dun rei. Colonizar. Converter [un país] en colonia, impoñéndolle, ademais do dominio político e económico, unha cultura que lle é allea. Estimo que as definicións que RAG nos subministra no seu dicionario poden mellorarse, pero son as oficiais, e coido que chegan ao menos para o…
-
Líderes: de dentro a fóra e camiño de volta
Dende hai algún tempo chámame a atención nos xornais o uso da palabra ‘líder’. Se imos ó dicionario, aparece que significa “Cabeza dun grupo ou persoa que o dirixe ou representa”. E de aí, poderiamos estender o seu uso ‘legal’, respaldado pola Academia, a multitude de campos, entre eles, a política. Mais, nunha democracia, o…
-
¡QUE SE PRESENTEN A LAS ELECCIONES! José María Rodríguez Díaz
Para min, este comentario de José María que republico significa a esencia da súa labor dende que o coñecín ata os seus últimos días. Clarividencia, liderazgo e unha confianza moi grande na xente como pobo, non como individuos, senón como sociedade. Ó que se lle suma en xeral a intemporalidade das súas observacións. Viernes, 11…
-
Que é democracia? E ti mo preguntas? Democracia es ti.
Parafraseando a segunda parte dunha célebre poesía de Bécquer, podemos preguntarnos: ‘Que é democracia? E ti mo preguntas? Democracia es ti’. A resposta anterior, que leva aparellada unha carga de dereito, tamén leva unha carga de deber, coa súa responsabilidade. E é ambigua no sentido de que o uso que se faga dela pode ser…
-
Escribir sobre Pepe Mujica. Chamábase Mujica, non?
Escribir sobre Pepe Mujica. Chamábase Mujica, non? Pasou o enterro, comeza o esquecemento. Pepe Mujica seguro que o comprendería, a vida segue. Eu, enténdoo, mais cústame aceptar o ‘natural’ esquecer o que pode servir como guía, algo que ilumina, un fito na humanidade. Diferente da invención da roda ou do establecemento do dereito de igualdade…
-
Sobre o arranxo das pistas municipais
Adxunto nota de prensa do BNG que remata de chegarme: O BNG de Ribadeo solicita ao goberno municipal o arranxo das pistas municipais ao seu paso por Remourelle debido ao mal estado no que se atopan. O grupo municipal do BNG de Ribadeo alerta sobre o mal estado que presentan certas pistas municipais de Remourelle…
-
A ventá de Overton e o Papa Francisco
A ventá de Overton e o Papa Francisco Hai uns días soubemos da morte do Papa. Das súas tendencias e accións estaba informado, igual que todos. Aínda que, pretendendo sacar da vista nesgos e propaganda, quédome co ollada a algunha das encíclicas do seu pontificado, en particular as dúas centrais no tempo, como definitorias do…
-
Lembrando a Castelao, en Ribadeo
Onte tivo lugar unha charla. ‘Castelao Nacionalista Galego’ se titulaba. Manuel Rei Romeu, introducido por Pablo Vizoso Galdo e presentado por Iria Cotelo Cociña presentou unha visión de Castelao que incluía a política, si, pero estimo que máis o pensamento e sempre sen perder de vista a súa expresión artística. Nun auditorio da casa do…
-
E se fose só para gañar cartos como particular?
Soa a coña o da política internacional destes tempos. Por suposto, política fake, pois ate resulta difícil cualificar o que fai Trump de política. Unha política que os mesmos entendidos admiten que non comprenden moi ben, que non saben se realmente existe ou é un conxunto de decisións ó chou sobre a marcha, ás que…
-
Contradición
Só algunhas verbas para explicitar o que considero unha contradición e facer algún comentario. Hai cousa de mes e medio sinalei no blog a petición de permiso para un chiringuito nas Catedrais (Unha curiosidade e algo máis: Información pública do chiringuito da praia das Catedrais) Alí lembraba que había un plan para As Catedrais, promovido…