Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos ría de Ribadeo

  • Manobra e varado de buque na ría de Ribadeo

    Manobra e varado de buque na ría de Ribadeo

        Deixo en baixo o vídeo dunha manobra na ría previa ó atraque no peirao de Mirasol dun buque que chega baleiro a cargar (o Antje K). E fotos de un par de días despois (onte xoves) de outro, o Albiz, 100 m de eslora, 16 de manga e 3500 Tm de carga, que quedou…

  • Probas de navegación pola ría

    Probas de navegación pola ría

        Unha foto desta mañá, dun barco grande de pasaxe na ría. A foto está tomada dense Santa Cruz, nun momento no que parecía ter algunha dificultade no tesón  (parou e puxo máquina a toda potencia, a xulgar pola escuma, saiu e logo diminueu máquina)…

  • Relaxing cup of café con leche in illa Pancha

    Relaxing cup of café con leche in illa Pancha

         Vai para unha decena de anos, querendo facer propaganda de Madrid de cara a conseguir ser a sede das olimpíadas, a daquela alcaldesa de Madrid Ana Botella difundiu a súa famosa frase para invitar a tomar unha ‘Relaxing cup of café con leche in Plaza Mayor’. Daquela, a inconsistencia inglispan xogoulle unha mala…

  • Ribadeo natural: panorámica da ría dende Santa Cruz

    Ribadeo natural: panorámica da ría dende Santa Cruz

         Non son moi partidario das composicións panorámicas, pero esta mañá, dende Santa Cruz, a ría estaba chamativa. Deixo a composición de arriba e un vídeo. — Outros de “Ribadeo natural“

  • Ribadeo natural: Reme

    Ribadeo natural: Reme

       Camiño da Veiga ou de Lugo, Reme queda ás veces como un par de curvas onde hai que poñer tento para non saírse da estrada niin darlle a outro coche. Coido que pasar por alí pensando en mirar para aprezar non é mala idea. Un par de fotos pode amosalo. A saída da enseada…

  • Ribadeo natural: a enseada da Vila Vella

    Ribadeo natural: a enseada da Vila Vella

       A enseada da Vila Vella é un espazo cambiante por momentos, de luz, reflexos, marea, punto de vista… e máis aínda mirado con cariño. Hai xente que, camiño das Aceas (estes días non, camiño cortado polo desprendemento), pasa á súa beira ignorando o pracer para os ollos e o esprito. Quizais o mellor momento…

  • Ribadeo natural: praia dos bloques

    Ribadeo natural: praia dos bloques

       Coido que da praia dos bloques hai moito que dicir, mesmo dende antes do seu nacemento a finais do século pasado como lugar barato de acumulacion do dragado de area da ría. E é que xa abondos anos antes, Isidoro Asensio Amor advertira que a creación dunha praia no lugar xeraría lama e dificultades.…

  • Ribadeo natural: observatorio de aves

    Ribadeo natural: observatorio de aves

       O observatorio de aves sobre a ría de Ribadeo (km 3,5 da N-642) levaba unha tempada que parecía que ía quedar literalmente en pedras para limitar o espazo e un par de bancos, resto do antigo observatorio. Hoxe había xa unha caseta, aberta cara á estrada, supoño que coa esperanza de que non se…

  • Observatorio? Futuro?

    O observatorio de aves, tal como estaba ata o de agora,nunha imaxe de Google Street View.      Onte pasei por alí. Ó ir co meu propio motor humano e non co mecánico de explosión, foime doado o parar, ver e aprezar. Chocoume e fíxeno. Non sabía nada, quizais foi iso o que aumentou a…

  • Fotografías en Commons

    Hai tempo que as fotografías cargadas para Wikipedia e proxectos irmáns van a parar non a cada proxecto, senón case sempre a Commons. E sempre cunha licenza libre, do tipo Creative Commons recoñecemento compartir igual 4.0 internacional Por unha casualidade, atopei un método sinxelo que permite o sistema Wikimedia para ver todas as fotos cargadas…