-
As eleccións ao Parlamento Europeo. Resume para webs
Aínda sen rematar de facer a serie adicada ás eleccións ao Parlamento Europeo, deixo en dous formatos dous resumes lixeiramente diferentes que fixen para diversos medios, a máis das entrdas xa publicadas e das que actúan a modo de resume: Con gráficas Sen gráficas
-
As eleccións ao Parlamento Europeo, por aquí e por aló
Unha comparativa que raramente se ve en relación ás eleccións, neste caso, as eleccións europeas 2024, é a que relaciona as votacións na nosa vila cos resultados a nivel provincial, galego e estatal, incluíndo a ese nivel non só os votos, senón tamén os escanos correspondentes. Velaeiquí a táboa e a gráfica correspondente, tendo…
-
As eleccións ó Parlamento Europeo 2024 por Vilalba
Rematan de pasar as eleccións ó Parlamento Europeo. O que segue é un resume de resultados en Vilalba, tomado a parte de consideracións a nivel estatal, galego ou mesmo provincial. A primeira imaxe corresponde ós votos obtidos polos partidos que desta volta obtiveron algún, e a súa comparación cos resultados de 2019. Nos…
-
As eleccións ao Parlamento Europeo, por aquí (II)
Como segunda entrega destas eleccións, Eleccións ó Parlamento Europeo 2024, os resultados, collido por xente dun dos partidos e que de seguro teñen algún fallo (que tentarei corrixir máis adiante con datos oficiais detallados), a máis de tomar datos de só seis dos 34 partidos presentados. Iso si, os que sacaron máis número de…
-
As eleccións ao Parlamento Europeo, por aquí.
Comezo (de xeito distendido) unha serie sobre as eleccións, Eleccións ao Parlamento Europeo de 2024, que están a celebrarse hoxe. Continuará noutros días, mais agora, coido que é interesante coñecer -sinxelamente iso, coñecer- as papeletas dos diferentes partidos e Coaligamentos que se presentan. Só son 34… Van por orde alfabética do seu título, teñan…
-
As eleccións ao Parlamento de Galicia 2024 en Vilalba
Pasaron as eleccións ao Parlamento de Galicia 2024. A estras alturas aínda non están os resultados definitivos, mais xa ‘case’ se deixou de comentar sobre os avatares electorais. É mais, tratándose dunhas eleccións a nivel Galicia, en xeral tense comentado pouco o que pasou en cada concello e sección. Nese sentido vai esta entrada,…
-
Eleccións ao Parlamento de Galicia 2024. IV.- Preferencias e censo de Ribadeo
Despois dunhas eleccións, os intereses diversos fan que algún tipo de gráficas teña máis difusión ca outros. Así, por exemplo, é bastante común presentar as porcentaxes obtidas por cada partido en relación ó conxunto de votos a partidos, en troques de facelo en relación ó conxunto de electores, que dá porcentaxes menores. No caso…
-
Eleccións ao Parlamento de Galicia 2024. III.- Partidos e parroquias de Ribadeo
Como todos sabemos, o espazo que conta para o reparto de escanos nas eleccións ao Parlamento Galego é provincial, non local. De calquera xeito, pódese observar as variacións nas preferencias segundo zonas. Deixo en baixo unha táboa (non oficial aínda, de feito hai algún pequeno descadre e falta algún partido moi minoritario) e en…
-
Eleccións ao Parlamento de Galicia 2024. II.- O día despois. Ribadeo, en groso
Segunda entrega sobre as eleccións galegas 2024. Ribadeo non ten por que votar o que o resto de Galicia. De feito, tense desmarcado e numerosas ocasións. Nesta, a grandes rasgos, as diferenzas son pequenas. Como primeira entrega local, unha táboa e un par de gráficos: Queda claro xa a ollo nu…