Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Hoxe tivo lugar en Ribadeo a concentración semanal pola paz. Perto de media centea de persoas desprazamos este ‘domingo de indianos’ o noso lugar de encontro ás escaleiras do concello, para non interferir cunha ‘escola de danza indiana’ na rúa diante do Cantón. Aínda así, cando comezou a música, veu un mandado para tentar que…
HABEMUS MUSEUM Xosé Carlos Rodríguez Rañón Aínda que semelle incríbel, Ferrol (Ferroliño, como o chaman agarimosamente os seus habitantes) non posúe un museo de seu. É a única cidade galega con esta eiva. A partir de agora, unha asociación creada “ad hoc” (presidida por Nona Inés Vilariño, colaboradora de Adolfo Suárez durante a Transición, deputada…
O cartel de Suso volve chamar á concentración no Cantón dos Moreno, este domingo decretado festa indiana. Co foco en Gaza, pola paz. Mentres, os mortos mandas nas verbas.
Hai xa tempo abondo souben dos estudos de construción efémera, avalados daquela por un ciclo de FP (hoxe non sei se segue ou non dito ciclo). O ciclo non se refería tanto a casas como a expositores en feiras e cousas semellantes, aínda que a diversidade de aproveitamento das ensinanzas impartidas era ampla. Lembreime do…
Súbdito. Persoa que está baixo o poder e autoridade dun rei. Colonizar. Converter [un país] en colonia, impoñéndolle, ademais do dominio político e económico, unha cultura que lle é allea. Estimo que as definicións que RAG nos subministra no seu dicionario poden mellorarse, pero son as oficiais, e coido que chegan ao menos para o…
Na entrada anterior, A paz non se ve, pero trabállase, e noutras aínda antes, dicía que había que traballar pola paz, construíla, aínda que non se vira o traballo de xeito inmediato: é un longo camiño. E hai moitos xeitos de facelo. Aquí deixo un particularmente expresivo, o vídeo de Eliseo García Bouso, Eli, e…
Hoxe, ás 12 e media da mañá en Ribadeo, no Cantón dos Moreno, tivo lugar unha nova concentración semanal pola paz. As verbas de Suso e Nana foron acompañadas pola música de Eli García Bouso que deixo ó final, e escoitadas por as máis de sesenta persoas que tentamos acubillarnos detrás dunhas casetas coa lenda…
O escrito adxunto representa a primeira fase de funcionamento da comisión veciñal pro residencia de maiores de Ribadeo, que se pode seguir en numerosas entradas do blog, escritas por José María ou por min. Viernes, 25 de marzo de 2011 LA NUEVA RESIDENCIA PARA RIBADEO, UN CLAMOR POPULAR Entre las actividades programadas por la Comisión…
Recuncho da lectura: Le passe-muraille Le passe-muraille. Marcel Aymé. Ed. Gallimard, col. Folio. . ISBN 9782070369614. Barcelona, 2013. 222 px (fr.) Conxunrto de historias desiguais en moitos sentidos, diría que é irregular na súa calidade, se ben estímase que a textura do escrito é semellante. É dicir, as diferenzas veñen das ideas que dan orixe…
Remata de chegar ás miñas mans o último libro polo momento de Celia Castro Fernández e Eoditorial, “Ramón González e Corona Conzález Santos: Un matrimonio de filántropos”. Xunto con el, recibín tamén o marcapáxinas de Juan Estévez Monteavaro. Como digo, recén recibido, non podo apuntar moito del máis aló de que era esperada a súa…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (253) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (897) deporte (60) economía (1000) educación (318) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (134) Festas (136) filosofía (532) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (547) Illa Pancha (262) José Mª Rodríguez (380) Medio (944) Meteoroloxía (92) Música (217) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (139) pensións (94) plenos (221) política (1432) Recuncho da lectura (60) residencia (130) ruído (118) ría (160) sanidade (98) sociedade (3248) Suso Fernández (144) tecnoloxía (152) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)