
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Coincidencia Coinciden nestes días dous conxuntos de novas que, negándome a un cualificativo desesperante como descorazoadoras, non son en absoluto para botar foguetes. Trátase por unha beira da aparición de grans de material plástico nas praias galegas, da Mariña ás rías Baixas, e por outra, da diminución da flota pesqueira, en particular, mariñá. …

Un día ‘de reis’ pola paz 6 de xaneiro de 2023. Despistado -polo día ‘máxico’ que é- das concentracións semanais pola paz nas escaleiras da Casa do concello de Ribadeo, paso por diante pouco despois das doce, no momento dunha concentración e lémbrome. Un grupo de concentrados, uns vinte ou trinta, están atendendo as…

Como primeiro sábado de mes, este sábado de reis en Ribadeo tivo lugar a concentración pensionista en Ribadeo. Algo máis de vinte persoas entre as que non estaba un despistado coma min (noutro momento de seguro volverei mencionar o tema). Como outros sábados, sei que houbo algunha mensaxe para ter conta da actualidade…
68 máis un día Onte (un día anterior calquera, se o les noutro diferente ó de hoxe no que estou a escribir) unha amiga cumpriu 68 anos. É dicir, hoxe cumpre 68 anos e un día. Dito así, parece a duración dunha condena, con ese ‘máis un día’ como anexo imposto de xeito…

As notas do concello, que chegan ós medios por axencia e se colgan na súa páxina web, son un importante medio de dirección da atención polo concello, pero non son o único medio de comunicación que ten a institución. De feito, cousas importantes, como convocatorias ou as súas resolucións, non soen saír nas notas…

Co novo ano, a revista Chío cambia de lugar web. O caso é que o sitio -‘site’- aínda non está listo, [e, para non retrasar a edición, manterase uns días en pdf, ó que podes acceder aquí: Chío 26] e manterase na vella páxina aínda un tempo. O pdf pódese ver, e, en…

Constitución acordeón (…) Persoas con discapacidade, ¡abre a muralla!/ Estado federal, ¡pecha a muralla!/ Límite de gasto, ¡abre a muralla!/ Referendo, ¡pecha a muralla!/ (…) A canción da muralla, de Víctor Jara, acaroada á Constitución española, dá pé a coros como o de arriba. Remata de abrirse, hai uns días, un proceso rápido para…
Seguramente a derradeira entrada deste ano que viu medrar o número de artigos de Ribadeando ate 50 dos 8000, dende o primeiro aló polo 11 de agosto de 2005, cunha entrada de proba despois de levar un ano co blog “Agremon blog / the galician Pitas page // Pensamentos dixitais / Digital thinking“. …
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (257) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (915) economía (1006) educación (319) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (138) Festas (136) filosofía (536) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (63) Hernán Naval (133) historia (557) Illa Pancha (263) José Mª Rodríguez (387) Medio (959) Meteoroloxía (92) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (133) Pancho Campos (129) paz (173) pensións (96) plenos (221) política (1443) Recuncho da lectura (77) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (102) sociedade (3296) Suso Fernández (160) tecnoloxía (159) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (63) Ángel Alda (100)