
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Polo blog de E. Dans entérome do documental sobre o movemento 15M. Deixo a primeira parte embaixo (o resto, pódense ligar en youtube abrindo o documental na fiestra ‘youtube’ embaixo á dereita)
Onte mesmo recibín un correo amigo que me informaba de que, consultando en internet, vira que unha páxina adicada a esas cousas establecera o valor de ribadeando en 1 500 $. Picoume a curiosidad, e vía buscador, atopei varias páxinas de consulta. Os resultados foron do máis diverso (nunca demasiado grande o valor, comezando en…
Comezo de pegadas de carteis. Aínda non saín da casa esta mañá, pero nalgún lugar mos atoparei. A nova en Ribadeo non é unha campaña para o 20N que comezou xa hai moito (de feito, aínda continúan expostos algúns carteis da campaña anterior en lugares ben visibles), senón cousas máis mundanas, máis do día ó…
Papandreu, o grego, arma un pifostio chamando a un referendo sobre a ‘axuda’ da UE; recibe ameazas diversas, todo o mundo se posiciona … e non ben dous días despois, a oposición di que acepta a axuda tal cual, e Papandreu esquece o referendo. O pobo? que importa!
(collido a partir dunha entrada en facebook de Cherry Guelin e o comentario de Zora Gabbara en youtube) Video-clip orixinal da canción de BEETLE JUDGE “Black art” gravado nas escolas de imaxen e sondo de A Coruña no ano 1998 e producido e realizado por “Altun tun producciones”. A canción pertence ó primeiro album da…
Outras alternativas son posibles. Que deixen poñelas en práctica dun xeito doado, é outra cousa. Con dous días de retraso lin no El País “Islandia, el camino que no tomamos“, do amigo Paul Krugman. Comparacións económicas e a posibilidade dun modelo diferente. Non moito novo, ó tempo que mantén viva a posibilidade non tanto de…
3 dimisións por temas relacionados coa corrupción en Galicia, só no último mes. Non está mal. Para batir unha marca, digo. Seguen a esforzarse en facelo. Seguimos a esforzarnos en permitilo?
É unha crónica social, que, de ter tempo. convertería en cultural: O sábado 29 de outubro a asociación de veciños O Tesón realizou unha viaxe social a San Martiño de Mondoñedo. A primeira parada do recorrido foi a visita da basílica, guiada por D. José Mª Rodríguez, que despois de centrar históricamente a S. Martiño,…
A raíz dunha entrada en Seguridad Wireless Unha nota previa: considérome parte do movemento 15M, e como tal, apoio a difusión das teses xerais, que non teñen por que coincidir exactamente coas miñas. O vídeo forma parte da coñecida como #Op20N, a campaña coa que Anonymous promove entre a cidadanía española un cambio para o…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (934) economía (1019) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (140) Festas (136) filosofía (544) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (135) historia (566) Illa Pancha (266) José Mª Rodríguez (387) Medio (971) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (135) Pancho Campos (132) paz (197) pensións (96) plenos (226) política (1458) Recuncho da lectura (83) residencia (131) ruído (123) ría (161) sanidade (104) sociedade (3344) Suso Fernández (167) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (72) Ángel Alda (100)