
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Contra o que sucede moitas veces, hoxe, día de eleccións, pódese ver na web do concello a convocatoria do pleno ordinario para mañá ás oito da tarde: “O luns, 21 de novembro, ás 20 horas haberá pleno ordinario no Concello de Ribadeo. Na orde do día figuran os seguintes puntos: proposta de modificación do réxime…
Publico tarde, despois de perderme a xuntanza do 15M hoxe en Ribadeo e ver de pasada que os xornais recollen hoxe de xeito maioritario que o bondadoso BCE nos librou unha vez máis do precipicio económico. Só deixo un motivo máis de ‘reflexión’ nun día como hoxe: Como ganar medio millón de votos dun plumazo.
É curioso. As manobras electorais están desenvolvendo novos xeitos continuamente. E as meteduras de pata, en consecuencia, tamén se fan máis frecuentes: Ten sentido que a Xunta, despois de anos de protestas, pregunte a Burela se dispón de terreos para a ampliación do hospital da costa precisamente esta semana? Por outra parte, traduzo ó meu…
Onte, X. Álvarez Corbacho ofrecía no xornal un artigo no que expoñía un feito que se ven producindo longo tempo: a transferencia de cartos entre empresas e administración é favorable ás empresas. É un pouco farragoso non a base de números, que non ten, senón a base de enumeracións administrativas e legais, pero o resultado…
Comida para musulmáns. Foto tomada en Ribadeo. O despoboamento da Mariña, e en xeral de toda Galicia, é un feito. Algo que se ve ó tempo mitigado e pronunciado por dous factores. O primeiro, o cambio de peso relativo do rural fronte ó urbano, que acrecenta os problemas nunhas zonas mentras os mitiga noutras, e…
Lendo os xornais lembro que onte tíñame posto unha cita á que non puiden acudir: a actividade que o Grupo de Acción Costeira A Mariña Ortegal impulsou, unha xornada de turismo mariñeiro de man de Celia Pacio, patroa maior, que a bó seguro estivo moi ben. Mágoa. Á súa beira, atópome un anuncio electoral que…
Público antes de comezar Os tres intervintes na presentación: M. Luz Álvarez, Suso López e Antonio Veiga Onte sábado tivo lugar a presentación do libro que recolle unha escolma de artigos de Hernán Naval. O propio libro estrá máis pronto que tarde en internet, pero mentras, queda abaixo a voz e unha ligazón externa aos…
Hai xa uns días deixei a invitación para a presentación do libro de Hernán.Hoxe, día da presentación, só algunha ligazón con ese motivo: Lembranza na Voz de hoxe. Verbas de Miguel Sande, na Voz de hoxe. Entrevista a Suso López, principal armadanzas da idea. (inclúe con defecto de edición un pequeno artigo de Antonio Veiga)…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (938) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (545) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (569) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (976) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (136) Pancho Campos (132) paz (207) pensións (97) plenos (226) política (1460) Recuncho da lectura (84) residencia (131) ruído (124) ría (161) sanidade (104) sociedade (3356) Suso Fernández (170) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (74) Ángel Alda (100)