
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Onte, debate de investidura. Collo do blog Im-puso que Rajoi aportou intencións, non decisións, poñendo da miña colleita que en boa parte iso é o que se soe facer nestes casos, e máis tendo unha maioría absoluta de deputados. Poucas novidades sobre o esperado; se cabe, a maior, a intención de voltar a poñer patas…
Estamos na semana máis curta do ano. Vale, tódalas semanas teñen o mesmo tempo, pero ista ten máis noite e menos día que ningunha. A próxima terá xa máis tempo de luz, a seguinte aínda máis, e así sucesivamente ata xuño. Neste curta semana,non obstante, van pasar cousas que decidirán o futuro próximo en boa…
Pola estrada, en Ribadeo, deseguido se pode saír á autovía se se quere ir pola costa. Para seguir máis aló de Barreiros, polo momento, non. Dese tramo ‘máis aló de Barreiros’ está a falar estes días a prensa. Onte, sobre a publicación do impacto ambiental (que na prensa foi tomada case como un ‘comezo de…
Quedaron onte en pasarme unha foto da concentración no IES Porta da Auga realizada polos profesores como manifestación contra os recortes que estamos a vivir na educación pública. Non ma pasaron aínda, e esta entrada irá sen foto. Así, sen ilustración, ven sendo como unha imaxe a ínfima escala do que está a pasar na…
Unha amiga pasoume a referencia para chegar ó seguinte: *Provincia – Tipo entidade – CIF – Nome – Data remisión * *LUGO-CONCELLO- P2705100B-RIBADEO-21/11/11-Fora de prazo * é dicir, o concello de Ribadeo enviou as contas fóra de prazo, como pode verse aquí. É unha web curiosa, esta do consello de contas. Por exemplo, a táboa…
O proxecto da mina de ouro nos lagos de Salave non é novo. De feito, básase na existencia dunha extracción de ouro hai moito tempo alí mesmo. Pero foi xa neste século cando as técnicas permitiron ás grandes empresas botarlle unha ollada interesada, dispoñendo ademáis do seu potencial de convicción para conseguir permisos. Hai cousa…
Mentras un galo lonxano declama dende hai algún tempo, o mesmo que día tras día dende hai máis dun mes, leo na prensa a morosidade de Ribadeo e lembro débedas xa sabidas do noso concello. Hai tempo (moito, mesmo en épocas de vacas gordas) que ven arrastrando pagos a empresas e particulares, de xeito que…
Por esta, de electricidade. Substitución de lámpadas por outras de máis baixo consumo (é a segunda rolda que se fai neste sentido, despois de ser substituídas as de filamento; as últimas eran amarelas, segundo se pode ver aínda nalgunha rúa), apagado antes, por tramos, e non uso dalgunhas. É certo que se ven as rúas…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (938) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (545) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (569) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (976) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (136) Pancho Campos (132) paz (207) pensións (97) plenos (226) política (1460) Recuncho da lectura (84) residencia (131) ruído (124) ría (161) sanidade (104) sociedade (3356) Suso Fernández (170) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (74) Ángel Alda (100)