
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Coa estrutrua de mando dun concello pódese estar máis ou menos de acordo, ou discutir as súas ideas e ordes. Pero cando se trata dalgunha cousa como o apresar a quen está a prender lume na estrada cara á veiga, a unanimidade é a única resposta posible. Levábamos xa algún tempo se conatos de incendio…
Onte, José Ángel Salvatierra, enxeñeiro técnico agrícola con ampla experiencia no agro galego e tamén coñecedor do sector en toda Europa, pasoume a revista Irimia co que coido é unha interesante entrevista que lle fixeron (fíxolla Daniel López). Velaieiquí: “Os tractores na rúa foron portada, os prezos do leite caeron e as explotacións producindo á…
Si, xa sei que hoxe o tema son as eleccións catalanas, pero con toda a súa influencia en Ribadeo, que a teñen, os números do título non representan votos nin porcentaxes referentes a elas. Son algo máis ‘de aquí’. Resulta que onte collín un ‘Ágape’, a revista da parroquia, onde aparecían certos números referidos a…
Ía facer unha entrada sobre a eclipse desta noite, pero púxenme a editar a entrada da galipedia, e mellor que repetilo no blog, poño a ligazón á páxina da “Eclipse de Lúa de setembro de 2015” que seguro que mellorará co tempo. Só uns datos: Contactos P1 00:11:47 UTC U1 01:07:11 UTC Máximo 02:47:07 UTC…
As cousas, no seu sitio. Unha crise humanitaria (e polo tanto, tamén social e económica) a nivel continental (ou mesmo intercontinental, segundo como se conten os continentes) non pode facer fronte a unha fraude do fabricante de automóbiles maior (hoxe xa se fala de segundo, ou menos) de automóbiles do mundo. A fraude non é…
Retomando a carga de documentos do vello ‘publicado en Ribadeo‘ a internet, hoxe tocoulle a quenda a ‘Sobre os castros de Ribadeo’, de José Mª Rodríguez Díaz, editado polo Tesón e colgado en dúas partes: Sobre os castros de Ribadeo 1 e Sobre os castros de Ribadeo 2. Un libro que sempre está de actualidade:…
Hoxe debe haber pleno en Ribadeo: os xornais anunciaron antonte varios asuntos a tratar. Sei de boa man que se deu orde de dar publicidade ó pleno en internet. Mais, a esta hora, na páxina do concello, non a atopo. Será falta miña… A cuestión técnica está deixando ó mundo -non só a Ribadeo- descolocado…
Diversidade. A diversidade fai o mundo máis rico, evidente.Tamén é evidente que a diversidade nas ideas leva producido, xunto con esa riqueza, unha morea de desastres ó non poñerse de acordo por ideas diferentes. En Ribadeo, hoxe mesmo, pódese falar de sirios, a conta da proposta do concello, que se ten idea de que comezou…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (938) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (545) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (569) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (976) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (136) Pancho Campos (132) paz (205) pensións (97) plenos (226) política (1460) Recuncho da lectura (84) residencia (131) ruído (124) ría (161) sanidade (104) sociedade (3356) Suso Fernández (170) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (73) Ángel Alda (100)