
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Teño localizado os restos dun devolto nouturno sen limpar de hai cousa dun mes. O concello foi avisado, pero aló segue. Restos de ‘festa’, si. Indesexables. Permitidos. Sen paliar. Véxoos case tódolos días. Hoxe tráioos a colación despois de ter dado unha volta por Ribadeo, con algunha cousa que non deixa de ser sorprendente por…
Que unha luz de esperanza se converta en novidade nestes difíciles tempos nos que a sociedade parece que camiña para atrás como cangrexo, e a cultura, a ética e a moralidade pública brillan pola súa ausencia, é unha noticia digna dos mellores titulares. E iso é o que se percibiu nas palabras pronunciadas pola Presidenta…
Só a modo de constancia deixo aquí a copia da carta que o bispado de Mondoñedo-Ferrol enviou dentro da polémica relacionada con Emilio Silvaje:
Comezaron as celebracións. Despois do vintecinco anos de vivencias ribadenses glosados no pregón, a diversión. Os cativiños son quenes máis se mergullan nas actividades, como a que onte permitiu que as burbullas da escuma os envolveran, á beira do parque e do cantón. Son ‘os nosos nenos’, os nenos da nosa sociedade os que se…
Creo que as institucións -a grandes rasgos- son entidades que serven para administrar a sociedade. Como calquera outra cousa, para funcionar necesitan interacción: recibir información, procesala, actuar… En España, caso coñecido por estar nela, as institucións preséntanse moitas veces como autistas, pero diría que máis aínda como xordas: teñen dificultades co tratamento da realidade, pero…
Fíxose estes días: o encoro de Vilamariz, vacío e sen toda a cantidade de lama que lle impedía acumular auga. Na primeira foto, a beira esquerda do encoro, enfocando cara á ponte pola que baixa o rego de Noceda. A segunda, o muro e a beira dereita do encoro. O fondo do encoro, coa baixada…
Vexo unha nova en praza.gal: ata 10 veciños poderán intervir nos plenos. Fixo falta que unha marea chegara ó concello para que sucedera, pero así é: aparece na web do concello coruñés. Poden presentarse no seu propio nome ou como representantes asociativos. En ribadeo levamos 10 anos que, a raíz dunha iniciativa de O Tesón,…
Esta tempada está sendo testemuña doutro desencontro da igrexa-xerarquía coa Igrexa-comunidade en terreos de Ribadeo, a conto dun aluguer dunha casa en Vilaosende. Neste contexto, onte chegou á miña man un escrito relacionado co tema que está a ser difundido, que copio e publico asemade neste foro que é o blog. “Outro mais. Os desencontros…
Rematando xa o verán, o do cupo das catedrais vai moi manido. O sábado, que eu saiba e aínda que por pouco, non se acadou a cifra estipulada (non sei se entre hoteis, comercios e transporte non se pasaría, pero non na web). As paredes estaban limpas, sen as lembranzas turísticas que apareceron o ano…
RCNR, siglas xa algo usadas pero recén estreadas de xeito oficial, representan a denominación do club náutico ribadense, despois de tres anos de tramitacións e do si real. Non me choca o nome, máis ben porque non presto moita atención á ostentación á que se adhire, pero recoñezo nel posibilidades de chanza, que brindo. Unha…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (934) economía (1019) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (140) Festas (136) filosofía (544) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (64) Hernán Naval (135) historia (566) Illa Pancha (265) José Mª Rodríguez (387) Medio (970) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (135) Pancho Campos (132) paz (197) pensións (96) plenos (226) política (1458) Recuncho da lectura (83) residencia (131) ruído (123) ría (161) sanidade (104) sociedade (3344) Suso Fernández (167) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (71) Ángel Alda (100)