• Pensamentos lixeiros para agosto: non tan lixeiros! Homenaxe a Dionisio Gamallo

        Mañá comeza. Homenaxe a Dionisio Gamallo. Si, o que ten adicado un busto no parque. Esta fin de semana e no comezo do curso no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Deixo o díptico e tamén a contribución que sairá na Comarca mañá, no número adicado á homenaxe. Barón de Porcillán     Cando hai algún…


  • Pensamentos lixeiros para agosto: noites de agosto

    Ante o Sol logrou facerse ocos entre as nubes. Iso non impediu comentar a algún visitante co xersei posto que non era que fixera fresco, senón que facía frío. Ben, coido que non era para tanto, e pénsollo dicir. Nin pola noite, aínda que si se aguantaba ben algo máis que unha prenda fina de…


  • Pensamentos lixeiros para agosto: minoría impositiva

    No tórrido verán ribadense albíscase como un espellismo unha maioría absoluta do 40% do 60?%. Non, ‘?’ non é unha errata, senón a manifestación dunha inseguridade moi diferente da seguridade de Rajoy, ó expresar a porcentaxe posible de votos válidos a partidos emitidos nunhas supostas eleccións. Como 0,4*0,6 = 0,24, isto é , 24%, pode…


  • Pensamentos lixeiros para agosto: a autovía do bo día/ Bo día? Autovía!

    A8 soa como moi tech. Por que non chamala ‘autovía bo día’? Ó fin, se está mal día, estará cerrada, e se está regular, tamén. Fai como de indicador de bo tempo. Para que mirar a información meteo? Date unha voltiña ata ‘a zona que ti xa sabes de autovía’ e solucionado: está aberta? Bo…


  • Pensamentos lixeiros para agosto: o conto de nunca (a)ca/b/var

    Voltou agosto, ano tras ano, e de xeito cuasi anual, dende hai unha década, protesta polo ouro en Tapia de Casariego. Iso si, cada ano o ‘conto de nunca acabar’ que se resiste a ser o ‘conto de nunca cavar’ presenta cambios para que nada cambie, como sentenza o dito: ben é unha nova empresa…


  • Pensamentos lixeiros para agosto: (novo) plan xacobeo

    Hoxe aproveitei a oportunidade de botarme un ‘La Nueva España’ ó garete. Coido que pode dar moito xogo no futuro o que fun albiscando entre as súas páxinas. De pronto, atópome non menos de catro artigos sobre o xacobeo, a máis de otear que un deles é o décimo terceiro dunha serie sobre o camiño…


  • Pensamentos lixeiros para agosto: Ribadeo, capital real

    Xa pasou.  A representación máis destacada das representadas este verán en Ribadeo foi, para min, o ‘caso visita “reaal”‘. Unha sorte para o alcalde que a cousa tivera dúas verquentes. Unha, a relacionada coa casa real, o uso e abuso do seu nome e cousas relacionadas. A outra, a ribadense. Coido que non somos minoría…


  • Pensamentos lixeiros para agosto. A morte da galiña

    A galiña dos ovos de ouro. Os cantís de Augas Santas son algo parello (ou poden selo) para Ribadeo. E agora, despois de anos de xestión deficiente [poderíamos deixalo en insuficiente?], ven a moda que pode facer rematar un monumento como unha escultura de restos aderezada con letreiros estilo servizos descoidados. Fálase de matar a…


  • Sobre o edificio da Praza de España en demolición (edificio do bar Cubano)

    Hai algún tempo os ribadenses recibimos con sorpresa que un edificio da Praza de España, o que ocupaba a tenda de Solloso, se tiña vendido a Celso Dourado. Coido que a acollida, xunto cos planes de facer algo que podería ser un museo, foi positiva. Ós poucos días de enterarme, observei como comezaban a traballar…


  • Día do socio na Banda Municipal de Ribadeo

    Por terceiro ano se celebra o día do socio na Sociedade de Amadores da Música. de novo a antiga enseada de Cabanela, hoxe auditorio ó aire libre, voltou ser o esceario dunha actuación da banda (e churrascada para socios). A cousa comezou ás nove da noite, con luz, e o concerto rematou entre lusco e…


Etiquetas:

ACISA (61) arquitectura (315) blog (249) castro das Grobas (66) Catedrais (74) coronavirus (527) cultura (889) deporte (60) economía (998) educación (315) eleccións (158) estatísticas (383) Evaristo Lombardero (131) Festas (135) filosofía (523) fotos (192) Fotos Ribadeo (613) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (60) Hernán Naval (133) historia (534) Illa Pancha (260) José Mª Rodríguez (372) Medio (939) Meteoroloxía (91) Música (217) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (125) paz (123) pensións (90) plenos (219) política (1420) residencia (128) ruído (118) ría (160) ría_si_nave_non (59) sanidade (95) sociedade (3222) Suso Fernández (134) tecnoloxía (150) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)