
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

ALEGACIÓN O ESCUDO E BANDEIRA DE RIBADEO Pancho Campos Dorado Parece ser que xa está resolto o asunto de “impoñer” un escudo e unha bandeira para o Concello de Ribadeo, sen ter contestado as nosas alegacións. Cuestión de mala educación e falta de ética do goberno con maioría absoluta do PP de Ribadeo, que sigue…

220225 Queremos Galego remate da manifestación na praza do obradoiro 23 de febreiro CC-BY-NC-SA Ana G. Liste. Collido de https://praza.gal/politica/clamor-masivo-por-un-galego-vital Lingua vital. O que vai de pedir a reivindicar Vexo nun xornal, na súa portada, que milleiros de galegos ‘pedían’ onte, día de Rosalía, por unha lingua vital. No interior, a noticia empregaba outro…

Este sábado 22 de febreiro a A.C. Francisco Lanza celebrou o día de Rosalía. Cun pouco de antelación para non coincidir coa manifestación en Santiago en defensa da lingua, arredor dun xantar en base ó caldo de gloria (inspirado no seu poema ‘Miña casiña, meu lar‘) no material, e á confraternidade no que poderiamos…

A MENOS “LIKES”, MENOS EUROS Xosé Carlos Rodríguez Rañón E tamén menos ego(s). Segundo varios estudos, o 80% dos usuarios de aplicacións de citas como Tinder (as axencias matrimoniais do século XXI) están decepcionados e aburridos delas, o que implica máis caídas en bolsa, máis perdas, menos ingresos, menos beneficios, menos publicidade, menos…

Onte, venres 21 de febreiro, tivo lugar a segunda sesión da serie ‘Soberanía dixital’ mantida por amarinha.gal. “Soberanía dixital II: Mundo Wikimedia, unha comunidade de todos para todos” tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho, cunha asistencia de público que podería ser maior. Deixo en baixo o vídeo en dúas plataformas, FTV e Youtube,…
Pouco menos de 300 persoas nos xuntamos baixo a choiva na convocatoria pola defensa dos servizos de sanidade pública en Ribadeo, diantre do Centro de Saúde. Como se pode ver no vídeo do comezo do acto (o na foto, en baixo), o tempo non acompañou, a xente, si, e máis aínda pensando que os…
Deixo a continuación dous artigos de Eli García-Bouso publicados en La Comarca del Eo dos días 8 e 15 de febreiro de 2025: O A(E)NTROIDO POR ELI GARCÍA-BOUSO Puidemos ler neste semanario do 25 de xaneiro pasado e no do 1 de febreiro actual sendas informacións, entre outras, nas que se…
O teixo de Arante, árbore senlleira dada onte por desaufizada polo alcalde. Autor descoñecido NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA EN DEFENSA E PROTECCIÓN DAS ÁRBORES O pasado mércores 12 de febreiro celebrouse unha nova asemblea da Plataforma en Defensa e Protección das Árbores na que se acordou dar unha nota informativa ca valoración das últimas novas…
Pleno en Ribadeo 20250218, extraordinario Onte celebrouse un pleno extraordinario, que, mirado dende certo punto de vista, tamén foi un extraordinario pleno para reflexionar sobre o xeito de facer política na actualidade e en particular dende o concello de Ribadeo. Vaia por diante que o audio, tomado dende a zona de público do…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (920) economía (1014) educación (319) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (138) Festas (136) filosofía (539) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (64) Hernán Naval (133) historia (559) Illa Pancha (264) José Mª Rodríguez (387) Medio (964) Meteoroloxía (93) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (133) Pancho Campos (130) paz (180) pensións (96) plenos (224) política (1448) Recuncho da lectura (79) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (103) sociedade (3316) Suso Fernández (162) tecnoloxía (161) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (65) Ángel Alda (100)