Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
A pouco de comezar o meu artigo titulado ‘Quen manda aquí?‘, publicado en días pasados, dicía: “Onte entereime…”. A falta de ter a man un dicionario galego equivalente, se miramos no Diccionario de la Real Academia Española, ‘enterar’ significa “Informar a alguien de algo o instruirlo en cualquier negocio”. Pois ben, o día 22, martes,…
Achégase o Nadal, os días son curtos, a neve aparece nas montañas… só dúas fotos para deixar testemuña deste comezo do inverno en Ribadeo, antes do auténtico inverno, que trae temperaturas que permiten a neve á outra beira da ría, como se pode ver na foto tomada hoxe no aparcamento. Asemade, pódese ver a relativamente…
Levo varias sesións de unhas poucas fotos sobre hórreos de Vilaselán. Estes dous das fotos de hoxe están na vella estrada de Ribadeo a Vilaselán, enfrentados. O primeiro, de xeito perpendicular á estrada, cara a vilaselán á esquerda. O segundo, paralelo, á dereita. Pódese ver que o seu estilo é parello, un xeito de hórreo…
Non sei se debo rectificar. Explícome: O artigo que posteei o mércores 23, ‘Quen manda aquí’, e do que enviei á prensa unha versión (Progreso/Comarca) tivo hoxe, unha vez publicado en A Mariña (El Progreso) unha airada reacción do alcalde, que me chamou por teléfono gritando e non deixando que eu poidera dicir nada, polo…
A imaxe da capela da Virxe do Camiño fai (facía) de benvida a Ribadeo, e agora limita o Xardín (polo de ‘Xardín de Sela’), anunciando coa súa típica Cruz as súas orixes. Restaurada arredor do ano 90, volta a necesitar urxentes reparacións, pola humidade que se respira no sue interior, o estado de teito e…
… pois … esta entrada (3ª de hoxe) é algo así como un capricho: teño fai tempo dúas fotos particulares e quería metelas no blog. Unha é a miña imaxe captada por Mariano Grueiro, foto á que lle teño cariño. A outra é un escaneado das mans da miña muller e do meu picariño de…
Por fin o Concello xa ten cambiadas a maioría das bandas rugosas e instalado zonas un pouco máis elevadas para facer que os coches diminúan a súa velocidade. Claro que se imos considerar as declaracións do concellal de tráfico, tal e como é o éxito da súa xestión, contra opinións, vento e marea, coido que…
Que Galiza é unha terra de caciques é aceptado. Que os tempos dos caciques xa pasaron, eso non está tan claro. Onte entereime de que o Concello recibiu un fax ordenando a detención das obras na factoría de Meirengos (A Devesa). Ben, pois… 1. As obras seguiron despois do fax. 2. No pleno, a pesar…
A nova de onte en Ribadeo non se soubo en xeral ate hoxe: Acuinor volve a obrar en Meirengos. Mentres, desvélase que para os 12 empregos ofertados na primeira fase (+8 na segunda, xa veremos en que queda todo), hai abondo máis de 100 persoas que os pretenden. De aí ven a forza que se…
Hoxe (xa onte) fun o concerto de Santa Cecilia da Banda de Música Municipal de Ribadeo. A unha hora un pouco inconveniente para o meu gusto (as 21:00), no auditorio municipal que estivo abondo cumprido, pero sen chegar ós cheos de vai uns anos, con Hernán Naval ó mando. Un concerto en dúas partes, na…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (253) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (897) deporte (60) economía (1000) educación (318) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (134) Festas (136) filosofía (532) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (547) Illa Pancha (262) José Mª Rodríguez (380) Medio (944) Meteoroloxía (92) Música (217) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (139) pensións (94) plenos (221) política (1432) Recuncho da lectura (60) residencia (130) ruído (118) ría (160) sanidade (98) sociedade (3248) Suso Fernández (144) tecnoloxía (152) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)