
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Remato de cargar a parte da acta do último pleno municipal (10/07/06) que trata do nomeamento do auditorio Hernán Naval. A foto da ría de Ribadeo amosa unha ‘nova illa’ fronte a Castropol. Nadando nadando, achegueime e vin máis in situ o tema, o perfil do tesón de Castropol, e téno curioso: entre o cacho…
Copio: ‘Los políticos españoles no tienen contento a casi nadie, en términos generales. Pero por lo menos deberían intentar no darse la importancia que no tienen y ser menos fatuos.’ Pregunto: É aplicable á nosa zona? A fonte: unha carta que aparece no ‘El País Semanal’, de Javier Marías a begoña Lasagabaster. E outra, máis…
Lembro que un dos primeiros comentarios que me fixeron unha volta afincado en Ribadeo foi que pouco tempo antes o pobo tiña uns problemas de subministro de auga grandes. Dende aquela, cos seus máis e os seus menos (algún día con auga en mal estado, chea de terra, rotura de cañerñia, etc) non teño constancia…
Así vai estar a xira (suponse), e así saíu a foto do cartel… Mentres, comeza a procura de información sobre a nova piscifactoría que pretende Pescanova / Insuiña S L. Tentarei ir sacando algunha información. Como comentario a parte, vendo as estatísticas por fin de mes, decateime que a semana pasada fora a de maior…
Pouco de novo por Ribadeo hoxe, polo que me paso a fóra do territorio normal, botar unha ollada… Polo que parece, o Reino Unido importará esperma español. A nova da pé a chirigotas, lembrando aquelo de ‘macho ibérico’ ou os collós ós que se chaman algúns. Rematou a campus Party 2006, desenvolta en Valencia, que…
Antes de nada, corrixir un erro. como me fixo notar Angel Aranha nun comentario, Mr. Misto si ten páxina web (ningunha das dúas se ve de xeito correcto no Firefox). Hoxe domingo foi a festa do percebe en Rinlo. As catro fotos presentan diferentes olladas: dende a ponte ó peirao, dende o muro cara á…
Onte foi o festival de bandas 2006. As fotos o atestiguan.A banda de Pevidém (pedanía de Guimaraes, Portugal, preto de Braga, a uns 41ºN 8ºO) cambiou a súa última obra por ‘Highlines from Chess’ (non estou seguro da primeira parte do título…), e a banda ribadense deixou de tocar as dúas partes centrais da segunda…
O semanario de Ribadeo ven esta semana con ‘novidades’. Non o digo pola carta que aparece asinada por min, senón por outras moitas novas, como a irrupción da campaña de todos os grupos políticos (que xa comezar a facerse ver noutras edicións anteriores), con títulos como ‘As gaivotas en Ribadeo’ e ‘Candidatura nacionalista independente’. Dígoo…
E se alguén non cre o título, vaia iste, obtido hoxe de ‘La Voz de Galicia’: “Vacas: «A maior planta de rodaballo do mundo será compatible co turismo»”. Hai unha exposición que promete na Pedro Murias sobre Pedro Murias. Pero eso xa é historia, non compatibilidade industria/turismo. Está Ribadeo á deriva, podendo aterrar en calquera…
Onde se pode atopar eco en Ribadeo? Antes, o mellor sitio era Mirasol. Dende que se cubriu a zona norte, xa non. Pero se nos situamos no mirador cabo do faro da illa Pancha (ou na zona próxima, segundo o vento que haxa varía a zona idónea), entón poderemos obter unha resposta ós 2 s…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (919) economía (1013) educación (319) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (138) Festas (136) filosofía (538) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (64) Hernán Naval (133) historia (559) Illa Pancha (264) José Mª Rodríguez (387) Medio (964) Meteoroloxía (93) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (133) Pancho Campos (130) paz (179) pensións (96) plenos (223) política (1448) Recuncho da lectura (78) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (103) sociedade (3313) Suso Fernández (161) tecnoloxía (160) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (65) Ángel Alda (100)