Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Remato de comprobar que a entrada anterior estaba ben e decateime de algo que non puxen o outro día: na foto que aparece na entrada do camiño en Ribadeo pódese apreciar que non só se está a abrir un garaxe no muro, senón que pola parte de abaixo, de xeito recente, tirouse máis muro…
A cita é de Al Gore, ‘o home que poido ser presidente dos EEUU’ e que era e segue a ser, cada vez máis, un cruzado do medio ambiente. Cambia o nome (mesmo sen cambialo…) e case podo subscribir algo polo estilo. Unha entrevista que lle fixeron nun xornal xa vello (do día 5) fíxome…
“Para chegar ó máis alto hai que partir de algún lugar por riba do propio nivel de incompetencia”. e doado deducilo do chamado Principio de Peter, que saíu á luz xa hai uns vinte anos, que di máis ou menos: “Toda persoa sube dentro das organizacións ata o seu nivel de incompetencia”. dedúcese que se…
Manuel Rivas non deixa de sorprenderme, xa case é algo así como a corrección da incorrección. Unha cita dunha entrevista que lle fixeron e que aparece hoxe no El País (para promocionar un novo libro), a conta dos incendios en Galicia (a cita) no verán pasado e as súas causas: ‘Si son mafias, a súa…
Non me refiro á autovía: parece que agora o camiño de Santiago pasa pola rúa San Miguel, polo menos a efectos de subvencións. De cando o fixen a pé lembro cousas que chocan, pois voltouse un camiño moi acomodaticio. e non hai vez que saque o tema que un amigo me diga que lembra cando…
Collo un retazo pequeno dun correo electrónico que me chegou onte: “Só son alguén que quere axudar a que o mundo (Galicia) sexa un pouco mellor se iso é posible :-)”. Corresponde a alguén con que teño trato dende hai máis de ous anos e que me te amosado que é boa persoa. Sei del…
Aí van o par de fotos do día despois: a novo edificio xa ‘cáseque’ listo e habitable; se non habitable, co volume final. e o comezo das obras de humanización no mercado, dende dous puntos de vista parellos, un deles sen as luces do camión… Hai novidades nos blog de ribadeo. Aquí tedes algunha (hai…
Mentras en Ribadeo o pleno do luns segue a dar titulares, atopámonos conque o alcalde celebrou un pleno sorpresa a continuación do primeiro o mesmo luns, sen público e coa finalidade de adquirir os terreos de ERSA para un aparcamento a baixo prezo, recalificalos e construír, despois de procurar os correspondentes permisos en Santiago. Algo…
Ás veces, a profesión de periodista da unas táboas ou unha visión que se escapan ós demáis na procura de titulares. Algún de hoxe así mo confirma: nesta entrada aludía ó pleno municipal de luns, e hoxe os titulares de prensa din en relación ó mesmo tema: “Vacas pide ayuda al juez para derribar el…
Xa comezan. De novo en obras, esta volta, para humanizar a rúa Doutor Moreda (rúa leste do mercado), con desprazamento de postos do mercado mercolediano. Haberá que sacar unhas fotos para comparar: testemuña viva polo momento. … despois das dúas entradas de onte, unha coa carga dun pleno, hoxe, unha curta.
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (253) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (895) deporte (60) economía (1000) educación (317) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (134) Festas (135) filosofía (528) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (61) Hernán Naval (133) historia (544) Illa Pancha (260) José Mª Rodríguez (375) Medio (943) Meteoroloxía (92) Música (217) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (132) pensións (94) plenos (221) política (1429) residencia (128) ruído (118) ría (160) ría_si_nave_non (59) sanidade (96) sociedade (3243) Suso Fernández (141) tecnoloxía (152) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)