
Segundo deixou anotado o comentario da entrada anterior, aínda non estaremos técnicamente en campaña electoral ata o día 11. Non embargantes, o ambiente parece que si é de campaña, polo que meto o artigo ‘Matemáticas electorais’ para ir facendo boca, despois de ter visto nun repaso por exemplo o comezo de ‘O estado non debe ser feudo dos que gañan’ (Ribadeando, xaneiro de 2006).
Por certo, non comentei aínda a nova de que o clube náutico disporá (co apoio da Xunta) de 62 novas prazas na dársena de Porcillán: non sei moi ben onde as han de meter, nun momento no que no mesmo paquete pretenden ampliar algo o ancho do mesmo peirao cunha pasarela de madeira para que o tráfego se poda mover mellor na zona…
Mentras, no mundo seguen a suceder cousas, a parte de guerras e demáis. Chamoume a atención que Lula, no Brasil, licenciou un producto químico / medicamento xenérico en contra dunha multinacional química. E marca por unha beira, un punto interesante no futuro do comercio mundial, e por outra, un punto de esperanza cara ó futuro das posibilidades de supervivencia da liberdade das persoas fronte ó avasallamento das empresas.
Remato cunha cita que xa puxen en ‘Rosalía aílsoR’, esta volta a conto do movemento legalizador de ilegalidades urbanísticas: – O problema da proliferación é que se se fixo unha excepción unha vez, non hai razón para que os demáis non faigan o mesmo (Principe Faisal. Aplíquese a que deixen por exemplo, ter a bomba atómica a Israel e outros queran tela, ou a que permitan abrir un establecemento nun lugar prohibido, ou construír nun lugar indebido, …)
