
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Cabe a pregunta, por fin se saberán por parte de todos os veciños os puntos da orde do día? Haberá algún medio de ampla difusión dos mesmos? Ou, como ten pasada ata agora, non se saberá nin se hai pleno atra despois de pasado? Dirá algo a web do concello’ Coido que o pleno será…
Un novo incendio, xusto dúas semanas despois do que deixou para o arrastre un piso no xardín, esta vez nun baixo desocupado en Calvo Sotelo, no edificio de cabeceira da rúa. O novo ano non traixo paz ó clube náutico: se o día 28/12 dicía que a ver se a asamblea do 29 traía a…
“(…) pero non se enfade vostede, imos, confíe en nós. A liberdade está ganando a guerra contra o terror. Bonitas tetas, por certo.” En Público, escrito en ‘Escáneres corporais’, de José A. Pérez, columna que hoxe versaba sobre os escáneres a instalar nos aeroportos.
En tempos, xa lonxanos, xurdiu no que se ía configurar como España o mito de ‘Santiago Matamouros’. Dende aquela, as cousas cambiaron. Tal parece mesmo que da reconquista pasaramos a unha especie de re-reconquista, na que serían os mouros os que quererían ocupar de novo Al-Andalus, a parte doutros moitos territorios. Normalmente recibo por correo…
Mentres que as bicicletas de Ribadeo están infrautilizadas e non promocionadas, 15 concellos galegos dispoñen xa dun sistema de arrendamento de bicis para os veciños. Mentras que en diversos lugares particulares e asociacións pedimos que se vaia instaurando o carril bici, as novas rúas humanizadas non son bicicleadas. Un apunte positivo neste panorama: un lugar…
O vídeo a continuación é unha parodia que se ve alimentada pola filosofía do cruce de libros, e fronte a ela, do cruce de neuronas á noite. Sínteste recoñecido/a? Por certo, que falaremos da zona bookcrossing da oficina de turismo, que xa sobrepasou de longo e hai tempo os 100 libros a disposición.
Soft libre para windows …
Un folio na porta dunha igrexa, un avance social? Porque iso foi o que vin esta semana na igrexa de Piñeira. ¿? Se o folio se refire á dación de contas da última festa da parroquia, significa que o domingo será de dominio público a información publicitada, e que quenes se encargaron da realización da…
Antonte, domingo día 3, tivo lugar o concerto ‘Aquí como en Viena’ deste ano. Teño gravadas as tres últimas (están no dominio público), e son accesibles ó final, se ben as gravacións non están moi ben tomadas. Deixo asemade ligazóns a youtube no listado de cada unha das obras… O concerto, en dúas partes, tivo…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (926) economía (1017) educación (319) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (138) Festas (136) filosofía (542) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (64) Hernán Naval (133) historia (563) Illa Pancha (264) José Mª Rodríguez (387) Medio (967) Meteoroloxía (93) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (134) Pancho Campos (130) paz (185) pensións (96) plenos (224) política (1451) Recuncho da lectura (81) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (103) sociedade (3328) Suso Fernández (163) tecnoloxía (162) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (67) Ángel Alda (100)