
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
No ano 83 fíxose no C.P. que agora leva o nome de D. Gregorio Sanz unha revista monográfica sobre Ribadeo. Coido que no momento foi a obra que describía mellor o que Ribadeo era. Agora está colgada en ‘publicado en Ribadeo‘.
Nun momento en que o adcceso a moitos temas de administración por vía electrónica aínda está lonxe, o sigpag, a versión estatal dos mapas xeográficos visible en internet, deixa de ser de acceso libre. Pódese ver sen pagar, pero só se tes instalado un programa de orixe non libre. Por iso se abriu unha campaña…
Dentro das actividades programadas para onte, asistín á presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua galega, na Casa das Letras, ás 20:30, como estaba anunciado. O salón quedou cheo e a charla prolongouse nunha longa rolda de preguntas ata pasadas as dez da noite. Novidades? Poucas, quizáis a máis importante é o remarcar algo…
O concello liberou unha nota de prensa sobre o tema: ” A CONCELLEIRA DE CULTURA ACUDIU COMO TESTEMUÑA Declaración nos xulgados 05/02/2010 Mariluz Álvarez Lastra prestou declaración en calidade de testemuña nos xulgados de Mondoñedo na xornada de onte. A concelleira de Cultura e primeira tenente de alcalde en Ribadeo, Mariluz Álvarez Lastra, acudiu onte…
A EXECUTIVA DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA ÁREA NORTE E DA SANIDADE PUBLICA, tivo onte día 4 de febreiro as 17,30h unha reunión con membros da Consellería de Sanidade. Asistentes: Pola Plataforma: Pilar Méndez, Ramón Vázquez Andrade, Rosa López, Fátima Rodríguez Moreda. Pola Consellería: Ángel Facio Villanueva (Subdirector Xeral de Planificación e Ordenación Asistencial), Mercedes…
Na liña que xa teño editado moitos artigos no blog (ver senón a serie ‘ria si, nave non‘) aparece hoxe a nova de que o PP (referido á Xunta, polo momento) pode tomar de novo nas mans de Portos unha proposta sobre a nave que se prevía en Mirasol. Haberá que esperar a ver se…
A parte das actividades xa expostas con anterioridade no blog (aquí ou aquí), este fin de semana hai previsto en Ribadeo un par de cousas máis. Unha, no Parque de san Francisco, a Festa do Freixó, mañá, 6 de febreiro de 2010 a partires das 16:00 h e pasado, 7 de febreiro de 2010 a…
O concerto solidario celebrado en Ribadeo o pasado 22 de xaneiro consigue recadar 2000 euros para axudar ás vítimas do terremoto en Haití Ribadeo, 3 de febreiro de 2010. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, a Asociación Amadores da Música, a Asociación Cultural Musiqueando e máis a Delegación de Cultura do…
Non deixa de ser curioso como os problemas que non se tenta solucionar ben por tódalas partes, por exemplo porque priman interses nalgunha delas sobre a solución en ben xeral, voltan e volta a ser nova, a enquistarse e demáis. Hoxe a prensa ten novas relacionadas con Ribadeo que manifestan alomenos tres situacións semellantes. A…
Relacionado co artigo “Nova xuntanza da Mesa de Asociacións de Ribadeo“, deixo un artigo de Evaristo Lombardero Rico na Comarca desta semana pasada: “O pasado 15 de xaneira celebrouse unha xuntanza da Mesa de Asociacións Veciñais co sr. alcalde e mais o concellal d. Horacio Cupeiro. La Comarca del Eo xa deu conta deste o…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (934) economía (1019) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (140) Festas (136) filosofía (544) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (135) historia (566) Illa Pancha (266) José Mª Rodríguez (387) Medio (971) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (135) Pancho Campos (132) paz (197) pensións (96) plenos (226) política (1458) Recuncho da lectura (83) residencia (131) ruído (123) ría (161) sanidade (104) sociedade (3344) Suso Fernández (167) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (72) Ángel Alda (100)