
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Chegou o agasallo do PP polo Nadal a Ribadeo: unha xuntanza antonte, a decisión dunha medida de presión fóra de Ribadeo, e, voilá! o PP desmárcase e pasa a exercer de oposición da oposición. Repito: oposición da oposición, que non goberno, que move máis á compasión e ó victimismo, ó tempo que da menos solucións.…
Onte fun á presentación do último libro de Camilo Nogueira, Para unha crítica do españolismo, na Casa das Letras e da man da AC Paco Lanza. Apreciei escoitar a Camilo Nogueira, pero en canto ás ideas expostas, atopei algunha cousa que quería comentar e que non me foi posible pois o asunto alongouse demasiado e…
A ver: Créase un banco malo para xestionar activos con perdas, e resulta que non é banco nin é malo, segundo a ministra. Ata aí, vale. Resulta que tampouco é público, e que os seus directivos, postos dende o ministerio, poden cobrar tranquilamente os seus 0,5M€, porque teñen limitado o soldo, que se non… Pero…
Aló polos 80, un membro do club Altruán ensinoume a manterme sobre a piragua e mesmo avanzar para moverme pola ría con tranquilidade. Moitas molladuras seguidas, a paciencia do meu mestre e algo de voluntade pola miña parte, deron resultado ó fin. Despois deixeino, pero ségueme a gustar, en particular polas posibilidades que ofrece. O…
Onte chegou a min un vello artigo (do 2002) sobre a historia do nome da ría de Ribadeo, por Gonzalo Anes, en La Nueva España, que antes fora publicado en ABC, ningún dos dous considerado ‘pro Galicia’, que eu saiba. Queda referido asemade en Publicado en Ribadeo. E unha curiosidade: quen tente atopar o artigo…
Coa liña actual, así será. O que en tempos foi chamado ‘xardín de Sela’, despois pasou a ser sinxelamente ‘xardín’, e logo pretendeuse ‘de indianos’ nunha zona, remata de sufrir unha nova merma. Hai uns meses tomei nota no blog dun atentado que fixera arder o parque infantil de preto das vivendas sociais. Estas semanas…
Gobernar, ás veces, é repartir dor. Gallardón, Ministro de Xustiza, dixit. Quizáis se se fixera xustiza no reparto, o goberno podería ser bo. Se se reparte dor inxustamente, non. Terá que ver o anterior comentario ministerial, por exemplo, con que o Goberno teña ordeado á Guardia Civil que lle diga a que políticos está investigando…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (938) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (545) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (569) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (976) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (136) Pancho Campos (132) paz (207) pensións (97) plenos (226) política (1460) Recuncho da lectura (84) residencia (131) ruído (124) ría (161) sanidade (104) sociedade (3356) Suso Fernández (170) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (74) Ángel Alda (100)