Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Falando do tempo, acepto apostas. Hoxe leva caída moita auga, pero que en menos de 24 horas (son agora as 12 da mañá, hora legal) leven caido máis de 60 L/m2 é moito para un día, pero non aporta moito a un ano que polo momento, en canto a choiva, é medio. Fariña doutro costal…
Nota de prensa 20141122 Ciclo de documentais da AVV O Tesón coa temática de Concienciación social/2 O pasado venres tivo lugar a primeira proxección do ciclo de documentais, ‘Dinero es deuda’, na Casa do mar de Ribadeo. Desenvolveuse despois un intenso coloquio entre os asistentes sobre a concepción dos cartos e o impacto das finanzas…
Días atrás, o xefe-dono de Abanca, Escotet, dicía que xa estabamos a saír da crise, e que o sistema financieiro estaba sendo o motor desa saída. Coido que a idea non é precisamente esa (hoxe hai na antiga ‘cociña’ da Casa do mar un acto arredor dun documental sobre a creación dos cartos) nin sobre…
O convento de Santa Clara ten abondo que ver. E agora pode verse a distancia, a traverso dunha aplicación de turgalicia: http://www.turgalicia.es/fotos/IMAGENES/FLASH/ARQUITECTURARELIGIOSANP/vr_14_santaclara/index.html . Son só tres estancias as así visitables, en visita encadrada na promoción dos mosteiros galegos. Xa postos, despois de recibir a ligazón para a visita virtual de Santa Clara, pasei algo máis…
Vin a entrevista, pareceume interesante ó vela este fin de semana na Comarca e pedinlla para reproducir aquí (grazas!): ENTREVISTA A MANUEL VALIN VALDES (Reprodúcese aquí integramente a entrevista que o diario EL PROGRESO, na súa edición de A Mariña, me fixo e da que xurdiu a publicada o domingo 9 de novembro de 2014)…
É de agradecer que por fin se amose na web do concello a convocatoria e orde do día do pleno de hoxe. Non podo asegurar que fora con moita antelación, pois foi onte cando me decatei e non sei se levaba moito tempo. O caso é que aquí está a convocatoria do pleno de hoxe,…
15 de novembro de 2014. Tarde de choiva. Oito e media. No cine teatro represéntase a segunda sesión do certame de teatro Daniel Cortezón. Cousa de media centea de persoas atenden ó desenvolvemento dunha versión de O barco sen Mariñeiro, de Alejandro Casona. A min gústame. A mesma tarde, máis ou menos no mesmo momento,…
Onte, á última hora do día, era un clamor en Ribadeo: hoxe, venres 15 de novembro de 2014, Ribadeo vería rematado o novo PXOM coa sinatura final. Era 1977, é dicir, 37 anos fai, cando o anterior plan de ordenación municipal, con moitos menos requisitos e ben diferentes circunstancias daba o seu paso final. É…
Nota de prensa 20141111 Ciclo de documentais da AVV O Tesón coa temática de Concienciación social Como xa ven sendo tradicional, a AVV O Tesón ten programado para este outono un novo ciclo de actividades. Neste caso, trátase de documentais que serán presentados, visualizados e logo, discutidos. O ciclo, de asistencia gratuíta e que se…
De cando en vez, vanse acumulando fotos do entorno nas cámaras ou nos discos duros, escamoteando ó fondo la lembranza entornos bonitos, paisaxes agradables e máis. Traelos de novo á vista é un exercicio equivalente a aspirar aire fresco, que rende só polo feito de facelo, sen procurar máis efectos secundarios. Estas son de menos…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (253) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (895) deporte (60) economía (1000) educación (318) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (134) Festas (135) filosofía (529) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (545) Illa Pancha (262) José Mª Rodríguez (377) Medio (944) Meteoroloxía (92) Música (217) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (133) pensións (94) plenos (221) política (1429) residencia (129) ruído (118) ría (160) ría_si_nave_non (59) sanidade (98) sociedade (3246) Suso Fernández (141) tecnoloxía (152) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)