
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Se tes algo de interese no futuro das catedrais (e con el, da zona enteira), tes lectura: O anterior é unha captura de pantalla coas ligazóns aos datos do plan que aparecen na web da Consellería de Medio Ambiente. Remata de publicarse no DOG o informe ambiental estratéxico. Iso di a web, aplicando unha nova…
A evolución de voto en Ribadeo ten algunha curiosidades. Non atopei polo momento datos detallados de antes do 1993, mais coido que aínda así, e deixando aparte motivos e circunstancias, centrándonos só nos números. O primeiro é a variación que case se pode considerar errática do censo, con subidas de preto do 5% dunha a…
A parte resumida é dun titular da Voz. A introdución do título púxena eu como interpretación. A un arrase de catro anos correspóndelle outro arrase, de sentido ben diferente, nunhas votacións. Necesitamos un ‘manual para o día despois’. A primeira tentación foi algo como: 1.Emigra. 2.Se non podes, Queda na casa dentro de catro anos.…
O certo é que reflexionar por mandato cando durante catro anos case se diría que tentan impedir que reflexiones… implica como mínimo que seguramente non terás en forma esa facultade, e seguramente tampouco estarás rodeado de condicións idóneas para facelo. Medita, reflexiona, mais de xeito continuado, non nas ocasións que te indican (indican cando, mais…
Despois dunha primeira avaliación de propaganda electoral para as eleccións autonómicas galegas 2016 feita o domingo, faigo unha recensión a mércores pola tarde /actualización venres á mañá. Nestes momentos, por buzón ou en man, chegaron á nosa casa sobres con papeletas de BNG (3) (dous en man en un por correo, posterior, que motiva esta…
Onte mesmo un amigo comentábame da actualidade da mobilidade en Pontevedra (cidade gobernada polo BNG, ó igual que Ribadeo -en ‘cor do equipo de goberno’-) e hoxe, pola web, recibo unha ligazón que afonda no mesmo. Curiosamente, como é típico destas iniciativas, nótase que pola razón que sexa, no mapa da ‘Rede de cidades pola…
‘As bicicletas son para o verán’ é o título dunha película que trata de aproveitar algo que se considerou por moita xente moitas veces de xeito subconsciente. Parece que como no inverno fai frio e chove máis, ‘no é tempo de bicicletas’. En Ribadeo, no verán, certo, hai máis bicicletas, en particular, de xente moi…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (938) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (545) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (569) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (976) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (136) Pancho Campos (132) paz (205) pensións (97) plenos (226) política (1460) Recuncho da lectura (84) residencia (131) ruído (124) ría (161) sanidade (104) sociedade (3356) Suso Fernández (170) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (73) Ángel Alda (100)