Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
O día seguinte ó 15M. A continuidade despois do nacemento dunha idea. Cinco anos despois… En Ribadeo o 15M víase pola televisión, pero chegou. Non o mesmo día, nin ó seguinte, pero chegou. Non pasara máis que tres semanas dende a concentración en Sol cando houbo unha xa próxima, na Caridade. Ribadeo esperou un pouco…
Interior dos locais do xulgado de Ribadeo, onte. Hai xa máis de medio século que Ribadeo saltou da lista dos partidos xudiciais da provincia que se estudaban naqueles tempos. Dende aquela, o xulgado é de paz. E en paz quedou. Coido que o movemento máis importante para tentar recuperar o xulgado de primeira instancia e…
Despois de tempo de traballo por conseguir algo en común, comézase a ter a experiencia para mellorar ese traballo, e tamén para velo cun sentido máis amplo. Un vello libro (preto de dez anos) sobre a nova economía que o fenómeno de comunicación en internet permite chamoume a atención pouco tempo atrás por algúns parágrafos…
Na fin de semana, o bispado facilitou á Voz, entre outros, os seguintes datos sobre a diócese de Mondoñedo-Ferrol: 4523 km2 274 290 habitantes 273 975 católicos 141 sacerdotes (136 na diócese, 2 fóra, 3 máis, no extranxeiro) 1168 bautizados (suponse no 2014, pois os datos corresponden a ese ano) 580 confirmados 1154 comunións 310…
Non sei ben que título poñerlle. É sobre Ribadeo, claro. E apareceu nas redes sociais esta fin de semana, co que a parte fundamental xa estará sabida por moita xente. O caso é que saiu a convocatoria dunha praza de ‘técnico de administración xeral do concello’. Non, non está aínda na web do concello, e…
Avanzando a primavera, comezan a sentirse máis os peches da A8 no Fiouco. Acadarán o seu máximo cara a xuño, e voltarán descender en intensidade ata o mínimo invernal. É unha predición doada, coñecida de vello pola xente do lugar, explicada polo funcionamento de ventos e humidade e por se acaso, estudada nun costoso informe,…
Remátame de chegar a nota de prensa correspondente á concentración ciclista de maio. Aínda que xa puxen esta mesma semana a entrada “En cinco días #ribadeoenbici“, subo tamén a nota de prensa, completa (ilustración incluída): ” Un venres mais de principios de mes, facemos unha concentración de usuarios da bici, non só de ciclistas, que…
Á metade da rúa a man esquerda segundo se baixa desde a Amando Pérez cara a rúa Viejo Pancho e Antonio Otero, atopamos unha casa blasonada cun antigo escudo de armas. Está realizado nunha pedra enroxecida, posiblemente pola cantidade de anos que estivo sometido as goteiras do canalón a traverso dos crampóns de ferro, pero…
Dende a Avenida de América á Alfredo Deaño: ese é o tramo da rúa Paco Lanza que se está vendo afectado por obras na beirarúa. Mellor, deberamos dicir, a beirarúa correspondente á residencia de maiores, aínda que tamén colle un tramo do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Comezaron o día 19 a preparar: Foto tomada…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (253) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (896) deporte (60) economía (1000) educación (318) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (134) Festas (136) filosofía (531) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (547) Illa Pancha (262) José Mª Rodríguez (380) Medio (944) Meteoroloxía (92) Música (217) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (137) pensións (94) plenos (221) política (1432) Recuncho da lectura (60) residencia (130) ruído (118) ría (160) sanidade (98) sociedade (3247) Suso Fernández (142) tecnoloxía (152) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)