Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Chega con que un non quera para que dous non se entendan. E ese principio xeral non entende de intereses, aínda que, cando a cousa é pública, si entende de xeitos de mentir. Hospital da Costa en 2015. Foto de Elisardojm en gl.wikipedia.org, lic. CC recoñecemento compartir igual 4.0 internacional Coido que iso é o…
Pode interpretarse como coña, como retranca… ou sinxelamente como un dato: no ano 2016, redondeando, a cuarta parte da poboación ribadense tiña máis de 65 anos, despois de ir medrando a proporción ó atenuarse o fluxo migratorio de entrada, que permitira algún tempo atrás diminuír lixeiramente a porcentaxe. Copio unha frase dun artigo aparecido a…
Obras na illa Pancha. Suso Fernández. Esta Covadonga Suárez, do Colectivo “Por nuestro Faro”, ademais de muller loitadora, reivindicativa e insistente, ten un moito de poeta. Non só escribe e se explica con suma claridade, senón que o fai xogando coa sonoridade das palabras; mesmamente lles fai vibrar, repenicar e brincar rebuldeiras nun discurso que…
Saiu o día 23 no BOP. Cunha lonxitude de 65 km, máis de 14 deles en Ribadeo. Presión, 80 bar, ou sexa, unhas oitenta atmosferas. Recorrendo a Mariña de Ribadeo a Viveiro, ramal do gasoduto LLanera-Vilalba. Da empresa ENAGÁS (ver o informe anual). Gaosdutos de Enagás na zona noroeste
Unha nova banda, a Banda de Música de Ribadeo, dera xa o primeiro concerto aló polo 1992. Un video lembrábao polo 20 aniversario.
Damos conta hoxe da resposta do goberno español á pregunta formulada polo deputado Miguel Anxo Fernan Bello do grupo En Marea con data de entrada do 10/10/2017 e resposta por escrito o 19/12/17. Fernán Bello preguntaba concretamente cal era a postura do goberno tralo segundo informe do Defensor del Pueblo de 22 de Agosto. A…
O ribadense espazo de Santa Cruz no inverno non soe ter moitas visitas. E a natureza, mentres, está a preparar a primavera e o verán, ás veces, con sorpresa. Non é que presente un aspecto moi diferente, mais hai sempre curiosidades que ver. Aquí deixo algunhas, tomadas días atrás. A árbore da imaxe parece modelada,…
Iso é o que se desprende do censo de inmobles no concello. Case 10 000 habitantes, case 10 000 inmobles. A valoración total sobe algo de 300 000 000 €, o que da, de media, algo máis de 30 000 € de valor catastral por cada inmoble. Ou por cada ribadense. Algo menos de 2…
Esta mañá escribín sobre o concello de Ribadeo, sobre a súa web e o erro ó entrar nunha sección, a de arquivo. Doce horas despois comprobo que a web segue igual, sen corrixir. Pero entrei na web do concello de novo non por iso, senón porque remato de enterarme que hoxe hai pleno. Para mirar…
Unha das posibilidades que máis me gustou cando a vin na web do concello foi a do arquivo municipal. Os documentos que alí poderían estar amosados facían pensar nunha interacción do pobo coa historia de Ribadeo que non se dera ata o momento. Mais a web xa leva algún tempo inhábil (non sei exactamente canto).…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (252) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (894) deporte (60) economía (1000) educación (316) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (134) Festas (135) filosofía (527) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (60) Hernán Naval (133) historia (543) Illa Pancha (260) José Mª Rodríguez (375) Medio (943) Meteoroloxía (92) Música (217) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (132) pensións (93) plenos (221) política (1428) residencia (128) ruído (118) ría (160) ría_si_nave_non (59) sanidade (95) sociedade (3239) Suso Fernández (141) tecnoloxía (152) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)