
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Por algunha razón, remato de decatarme de que non aparece o que (coido) publiquei esta mañá. a morte en acto de traballo dun ribadense e as palabras do ministro en Santiago, que se eran por ben, non comprendín, facían o groso do artigo. Ambas novas están nos diarios de hoxe… agora non teño máis tempo.
Lugo, a 15 de Xuño do 2006 Contestando ao Sr. Alcalde de Ribadeo, sobre a piscifactoría de Rinlo En relación ás declaracións do Sr. Alcalde de Ribadeo sobre a paralización das obras da piscifactoría do Sr. Álvarez-Cascos, ADEGA quere aclarar o seguinte: Primeiro: os sucesivos incidentes de medidas cautelares de paralización das obras non foron,…
Ou non entendo ben ou resulta que en Ribadeo non chega con que a xustiza dictamine, senón que hai que ter forza, seguir insistindo para que se actúe en consecuencia. Así parece polo tema de actualidade das alturas: a xustiza polo que parece, dictaminou, pero oído que non é xa a primeira vez que conmina…
Non me estou a referir a selectividade, senón á piscifactoría de Meirengos, alias de Rinlo. Aínda que as dúas vebas básicas do título teñen o mesmo significado, o de suspensos vai polo que xa había, a presunción datada de que as cousas nonse estaban a facer ben. O de suspendidos, porque entrou en vigor a…
Téñome referido xa algunha vez a que os exames de selectividade son algo así como as probas de madurez das sociedades tribais, nas que se fai pasar á xente nova por probas que intentan amosar que están preparados para a vida adulta, coas responsabilidades que eso conleva en cada lugar e tempo. Tamén nesas sociedades…
Onte houbo un accidente en Ribadeo, con feridos, na estrada. É unha casualidade que puido ser desgraza, pois o choque foi frontal, pero conformouse por esta volta con ser cousa de feridos. Os dous vehículos estaban ocupados por xente da Costa do Sol, nun momento no que se discute que veñen promotores de aló comprar…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (941) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (545) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (573) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (979) Meteoroloxía (94) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (138) Pancho Campos (132) paz (213) pensións (99) plenos (227) política (1461) Recuncho da lectura (86) residencia (131) ruído (126) ría (161) sanidade (104) sociedade (3372) Suso Fernández (170) tecnoloxía (164) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (76) Ángel Alda (100)