
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
A Ponte de Arante: pintura mural do Naufraxio Por Emilio Piñeiroa Lozano Hoxe A Ponte é lugar de importancia por ben fundadas razóns, amalgando Historia e tradición, devoción e Arte para ofrecer ao visitante innegables atractivos. Dunha parte, A Ponte é un centro mariano de relevo, con moitos devotos e romeiros. Doutra, a Nosa Señora…
Dentro das Xornadas de Historia Local 2020 organizadas pola Asoc. Cultural Francisco Lanza de Ribadeo, o 21 de agosto no auditorio de Cabanela tivo lugar a charla O que ten nome existe: toponimia da historia de Ribadeo, impartida por Rocío Dourado Fernández e presentada por Farruco Graña. Deixo en baixo a ligazón gravación que…
Onte foi un día de calor. Non chegou, nin moito menos, á máxima rexistrada na estación meteorolóxica da Granxa Pedro Murias (35,4 ºC, 15 de outubro de 2017), pero chegounos. Ao menos a moitos, aínda que haberá a quen lle pareza unha temperatura normal. De calquera xeito, polo momento, en Ribadeo non houbo ninǵun ano…
Novelle Pode que non o coñezas: non foi político, nin artista, nin celebridade mediática… mais a súa influencia a nivel Galicia non é desprezable. Coñecín a Javier Novelle no ano 2000. Coñecímonos. Ou máis ben, deba dicir coñeceume: preparando el a 5ª edición do Día da Ciencia na Rúa, tivo noticia da Feira da…
Onte púxose á venda en Ribadeo (Gráficas Santiago) o libro de Ángel Alda ‘Diario de un confinado en Olavide’, cun suplemento ribadense, ‘Confinado en Ribadeo’, do que embaixo deixo a portada. Os apuntes complementarios poden verse tanto como anexo como, dunha forma máis completa, unha continuación, interpretación con diferencias no só no espazo, senón tamén…
Resulta que o domingo 16 (non o 13 que indica o cartel, quedou posposto pola temperie) e o 24 hai actividade de astronomía. Charla e despois, observación. Serán levadas a cabo por Pedro Pablo Campo apoiado por Jorge Gómez. A nota do concello: “ O Concello de Ribadeo colabora na organización dunha nova actividade de…
Que define o éxito? Máis dunha vez teño sentido que cousas que para min eran exitosas, para outra xente non o eran, e viceversa. Aí entran gustos, perspectivas, intereses… ó fin, diferentes criterios. Pero se a nivel particular podemos inferir todos eses flecos que fan diversa a resposta, podemos facelo asemade a nivel social?…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (941) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (546) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (574) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (980) Meteoroloxía (94) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (138) Pancho Campos (132) paz (213) pensións (99) plenos (227) política (1461) Recuncho da lectura (86) residencia (131) ruído (126) ría (161) sanidade (104) sociedade (3375) Suso Fernández (170) tecnoloxía (164) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (76) Ángel Alda (100)