Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Deixo o cartel de chamada a unha nova concentración pola paz en Ribadeo este domingo 27 de abril co cartel que fixo Suso para a ocasión: Ó temp, lembro que as xuntanzas pola paz en Ribadeo son semanias; así, o chamamento anterior tiña este cartel:
Unha torre nun pobo De cando en vez, mirando ao noso arredor, danos o impulso de pararnos a pensar ao contemplar e admirar algunhas cousas que nos rodean no noso día a día. Cousas que poderíamos dicir que temos. Non no sentido de ter un contrato que nos asigna a súa posesión, senón no de…
MUSAS DRAG Xosé Carlos Rodríguez Rañón Da escuridade e marxinalidade de antano, á luz e á alta sociedade de hogano, solicitando cachés de verdadeiras estrelas da música, do cinema, da televisión ou de internet. Son as novas musas do transformismo e do pop máis kitsch, con milleiros de seareiros polo mundo enteiro e vestidas polos…
Despois de publicar aquí ‘Sargadelos e o norte‘ e velo tamén noutros lugares, como impreso na Comarca del Eo, chegoume un escrito anónimo que circula pola rede. Como público que xa é e como digo, anónimo e polo tanto sen saber a quen pedirlle permiso para publicalo, déixoo en baixo como unha especie de anexo…
A imaxe que adxunto remato de descargala agora despois de aparecer no meu muro de Mastodon en amarinha.gal. Corresponde a unha cámara de MeteoGalicia, que dende o porto deportivo (https://www.openstreetmap.org/#map=14/43.54013/-7.03734) enfoca a saída da ría, Ponte dos Santos por medio. Día tristón en canto a sensación dada pola meteoroloxía, tranquilo a estas horas pola xente…
Hoxe xa é mércores 16 de abril. Estes días non houbo novas entradas no blog. Retomo a actividade cunha publicación que une paz e república. Son as verbas de Jesús Irigoyen na xuntanza pola paz deste domingo 13 de abril: PALESTINA – SAHARA – REPUBLICA Como ya hemos dicho infinidad de veces, lo de PALESTINA,…
Un par de chiringuitos Vexo hoxe (12 de abril) nun titular dun xornal que o Concello de Ribadeo oponse a autorizar dous chiringuitos para o verán. Refírese a unha nova que tratei en Ribadeando os días 13 e 14 de febreiro, a publicación no BOE de dous anuncios do Servizo Provincial de Costas de Lugo…
En previsión de que non sexa así, cousa abondo probable, deixo aquí a convocatoria da concentración semanal pola paz en Ribadeo:
Hoxe rematou a edición do 2025 da Feira da Ciencia do IES Galileo Galilei de Navia. Como outros anos, a feira coordinada por Roberto Manín foi un éxito. Como outros anos, visiteina. Deixo en baixo o díptico, unhas cantas fotos, un par de vídeos e outro par de ligazóns. Feiras de outros anos, no seu…
Soa a coña o da política internacional destes tempos. Por suposto, política fake, pois ate resulta difícil cualificar o que fai Trump de política. Unha política que os mesmos entendidos admiten que non comprenden moi ben, que non saben se realmente existe ou é un conxunto de decisións ó chou sobre a marcha, ás que…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (251) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (891) deporte (60) economía (1000) educación (315) eleccións (158) estatísticas (383) Evaristo Lombardero (132) Festas (135) filosofía (525) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (60) Hernán Naval (133) historia (540) Illa Pancha (260) José Mª Rodríguez (374) Medio (943) Meteoroloxía (91) Música (217) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (128) pensións (92) plenos (221) política (1424) residencia (128) ruído (118) ría (160) ría_si_nave_non (59) sanidade (95) sociedade (3232) Suso Fernández (138) tecnoloxía (150) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)