Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.611 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

1846. Revolución galega. En Ribadeo


Nota de prensa da A.C. Francisco Lanza:

A A. C. FRANCISCO LANZA VAI PROXECTAR O DOCUMENTAL “1846. REVOLUCIÓN GALEGA”, ESTE VENRES 23 DE OUTUBRO, ÁS 20:00 h, NO TEATRO DE RIBADEO.

Este venres 23 de outubro, ás 20:00h, vaise proxectar, no Teatro de Ribadeo, o documental “1846. Revolución galega”, producido pola Fundación Galiza Sempre. A A. C. Francisco Lanza segue a ter entre un dos seus obxectivos a temática histórica, tan demandada polos nosos asociados e asociadas. Esta mirada á nosa historia permitiranos comprender non só un feito específico da nosa historia, máis ou menos coñecido, como é o episodio do fusilamento dos mártires de Carral, senón as consecuencias do mesmo de cara á toma en conciencia da nosa identidade colectiva. Este venres 23 teremos ocasión de revisar dito capítulo a fondo da man do autor do estudo que deu lugar a este documental, César Caramês, profesor de Lingua e Literatura Galegas en Moraña.

1846 – Revolución Galega, é o resultado de anos de traballo para recuperar do ostracismo un dos episodios máis importantes da historia contemporánea de Galiza. A Fundación Galiza Sempre xa ten traballado nos últimos anos co obxectivo de desterrar do esquecemento esta parte tan importante da nosa historia. Fíxoo en 2021, coa publicación do primeiro monográfico dentro da colección Efemérides da Galiza, co gallo do 175 aniversario dos Mártires de Carral, autoría do finado Xusto Beramendi. Un ano despois, editou a segunda co gallo do 200 aniversario da morte de Antolín Faraldo da man de Henrique del Río. E agora, aproveitando o 180 aniversario, publicou unha dedicada especificamente á Revolución Galega, da autoría de César Caramês.

Fediverse reactions
,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *