
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Cada vez é máis evidente que para traballar pola paz con rendemento, fai falta integrar nese traballo outras moitas cousas, para facilitar o caldo de cultivo da paz. Hai xente que, en sentido ocntrario, o ten comprendido hai moito, e loitan por crear clima de guerra. Non só iso, senón que acusan a quen traballa…

Os irmáns Moreno teñen presenza viva en Ribadeo. Pero non só. A máis de ‘nas Américas’ e en Ribadeo, Ortigosa de Cameros conta con dúas pontes patrocinadas por eles, a ponte de ferro (‘puente de hierro’), á que contribuíron, e o viaduto San Martín, pagado por eles por enteiro. Así o amosa mesmo o libro…

Recuncho da lectura: El asedio de Troya El asedio de Troya. Theodor Kallifatides. ISBN 9788417971533. Galaxia Gutenberg. Barcelona 2018. 170 p. (cas.) A ilíada para xente nova, como novela dentro dun conto. Sen máis transcendencia. Iso si, o argumento da Ilíada xa o teño! https://lectura.social/book/195408/s/el-asedio-de-troya – Comentarios en Lectura.social
Convocada a concentración pola paz. Si, como outro domingo calquera. Si, ás 12:30. Si, diante do concello de Ribadeo. Si, contamos contigo. E si, se isto parece unha guerra é precisamente porque se empeñan en que aguerra esté presente nos nosos pensamentos, nos nosos sentimentos, no noso día a día, impregnándoo todo…
Recuncho da lectura: Bakhita Bakhita. Véronique Olmi. ISBN 9782226393227. Éditions Albin Michel. Paris 2017. 456 p. (fr) Histórica, si, mais novela. Ás veces bótaselle de menos a historia plana, ás veces nótaselle que sobra interpretación dirixida… En si, unha estrutura onde a parte agria ocupa a maioría do texto como querendo aproveitar o tirón macabro,…
Pensar un pouco. Iso retarda. Mais, con tempo, remata saíndo a conta. A cousa comezou o outro día coa presentación en sociedade do mural de Manuela Barreiro. Un mural na rúa Ramón González, xa facendo esquina a San Roque, en Ribadeo (https://www.openstreetmap.org/#map=19/43.537249/-7.043591). Dende alí, unha beira enteira sen ocos dunha casa (debido a que esa…

Varias cousas. A primeira, coido que é unha boa nova, si. Hoxe aparece difundida, como outra actividade calquera das que intervén o concello, pola axencia contratada para esas cousas, unha nova particular: que esta tarde ás oito haberá pleno. E non só iso, senón que se poderá seguir por difusión na rede, en directo e…
Fundindo o xeo. Que mareo! Que calor! 2026: un ano que aínda non rematou pero leva todas as cartas para bater unha nova marca no quecemento global dende que hai rexistros. Un quecemento global que non só segue empurrando o termómetro, senón que o fai cada vez con máis claridade: máis continuidade batendo marcas o…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (941) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (545) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (572) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (979) Meteoroloxía (94) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (137) Pancho Campos (132) paz (212) pensións (99) plenos (227) política (1461) Recuncho da lectura (86) residencia (131) ruído (126) ría (161) sanidade (104) sociedade (3368) Suso Fernández (170) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (76) Ángel Alda (100)