Nota de prensa amarinha.gal
Soberanía Dixital
== Bloqueo de anuncios
no móbil e ordenador ==
O próximo venres 27 de novembro, ás 7 da tarde, na Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho de Ribadeo (r/ Antonio Otero, 19), terá lugar o evento XIV do ciclo Soberanía Dixital, no que se tratará o Bloqueo de anuncios no móbil e ordenador.
Conforme ó xa avanzado en actividades anteriores, o grupo amarinha.gal organiza esta actividade para a que se manifestou demanda por parte dos asistentes a eventos anteriores.
Como en anteriores ocasións, o tema terá unha introdución e pasarase logo á instalación de aplicacións e a súa configuración en caso necesario. Asemade, como ven sendo habitual, porase a disposición dos asistentes un fanzine con artigos sobre o tema.
A actividade, gratuíta, vai dirixida a todas as persoas interesadas en que o seu tempo e o seu aparello conectado a internet sexan realmente seus e non de anunciantes, publicistas ou entidades que pretenden facerse coa nosa atención (e a nosa vida, vontade e cartos incluídos).
É aconsellable que cada quen traia o móbil e / ou ordenador que quere inmunizar para instalar neles as ferramentas que se presentarán.
As actividades de amarinha.gal, son abertas a todas as persoas interesadas, coa única limitación do aforo.

