Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Un proxecto tan ambicioso como viábel: nin máis nin menos. (Farruco GRAÑA) Nesta fin de semana pasada puidemos asistir ás I Xornadas arredor do Forte de San Damián. Parabéns á organización, nomeadamente a Alberto Paraje. Foron ben instrutivas e amenas, e puxeron en valor, unha vez máis, o “castelo”, como adoitaba chamarlle a picaraxada ribadense…
O modélico tratado consensuado por Trump, a paz en Gaza, segue a dar os seus froitos. Neste caso, este domingo, 153 toneladas de bombas sobre a cidade. Bombas que calculo terían que procurar ben para atopar algo para destruír, algo que aínda quedara sen reducir a escombreira. Mentres, os gazatís incumpren o acordo: non entregan…
Hai moito tempo xa que Bic foi sinónimo de bolígrafo. Hoxe coido que todo o mundo entende, se se lle di ‘pásame un bic’, que se lle está a pedir un bolígrafo; a marca non perdeu aínda esa ligazón, pero está a piques de perdela. Mais ó nome da empresa asociado ó bolígrafo, ao menos…
Paz si, xenocidio, non. Non á guerra, si á reconstrución. Sexamos humanos, non bestas de odio. En Palestina e no mundo, Paz. Mentres se fai pasar submisión imposta por acordo de paz, mentres nos trolean con bulos para completar xenocidios, construamos a paz. Se es persoa, atoparás o xeito de contribuír á paz.
Recuncho da lectura: La petite fille de Monsieur Linh La petite fille de Monsieur Linh. Philippe Claudel. Editions Stock. Le livre de poche. ISBN 9782253115540. Paris 2010. 183 px (fr) Conto máis ca novela, o seu final esperado en boa parte trstoca a enteira imaxe que transmite todo o libro. Amable, reconcentrado nun universo persoalizado…
Onte fixéronme unha entrevista nunha radio de Galicia. Chamáronme pola mañá para ver se estaba disposto a entrar en directo nunha emisión ó mediodía. Aceptei, e aló foi. A entrevista, dixéronme, ía ser sobre as Panchas. Logo, mensaxe por medio, dixeron que ó mellor ampliaban outro tema. Ó final, só foi sobre a ‘Moeda de…
Atención: posponse o acto ó xoves 30 de outubro. Sairá nova convocatoria O pasado luns, 29 de setembro, reuníuse a asamblea da Plataforma pola Defensa das Nosas Árbores para tratar, entre outros, os seguintes asuntos: Informe sobre ruídos, actividades lucrativas nos espazos públicos do casco urbano, competencia desleal á pequena empresa local, deseducación das crianzas…
Onte, na concentración dominical pola paz en Ribadeo, a modo de resume do dito anteriormente, engadín algo como ‘Non é un acordo pactado, é un armisticio imposto. E en papel mollado, mollado con sangue porque onte mesmo volvero asasinar a máis de media centea de palestinos. Segue a ser xenocidio. Onte, hoxe, e por desgraza,…
Biblioteca Teño libros na casa. Iso non quita para que non visite a biblioteca pública cunha certa asiduidade. Noutro momento, máis na procura de títulos. Agora, máis ben, na procura de datos, feitos, ideas… e si, tamén libros. E xente coa que comparto algunha das actividades que na biblioteca se realizan. De visita a unha…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (257) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (908) economía (1003) educación (319) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (136) Festas (136) filosofía (534) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (553) Illa Pancha (263) José Mª Rodríguez (384) Medio (952) Meteoroloxía (92) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (158) pensións (96) plenos (221) política (1438) Recuncho da lectura (69) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (100) sociedade (3279) Suso Fernández (152) tecnoloxía (155) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (60) Ángel Alda (100)