
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Cando non é Nadal? Si, pregúntome cando non é Nadal. Comezos de Novembro e o alumeado de Nadal está dilixentemente disposto pola zona centro do pobo. E por esa zona estará ate despois de Reis. Non, non estamos a falar de Vigo ou algunha desas vilas dun certo tamaño coas que a cidade olívica compite…
Nota de prensa amarinha.gal: Soberanía Dixital VIII: Solarpunk. Taller de futuros optimistas O pasado venres 31 de outubro tivo lugar en Ribadeo o oitavo evento do ciclo Soberanía Dixital, baixo o título “Solarpunk. Taller de futuros optimistas”. Como en anteriores ocasións, desenvolveuse na Biblioteca Pública Municipal el Viejo Pancho, onde nos reunimos un total de…
Unha nova xuntanza dominical no Cantón dos irmáns Moreno en Ribadeo para pedir a Paz, dende o xenocidio de Palestina ó Sahara, pasando pola Ucraína ou Darfur. Deixo en audio parte do que puidemos escoitar as corenta persoas presentes, o texto lido por Jesús Irigoyen e un par de fotos de diferentes momentos. PALESTINA 20…
A Alcoa trumpiana Somos parvos. Aínda podemos estar preguntándonos que foi antes, o ovo ou a galiña, pero mentres, ovo e galiñas existen. Así que, deixémonos de parvadas, miremos arredor e aprendamos da historia (mesmo e sobre todo, recente). Había unha vez unha fábrica grande, motor de toda unha comarca. A cousa comezou por unha…
“ENCORDADAS” Xosé Carlos Rodríguez Rañón Así se titula a mostra de guitarra española que a cooperativa herculina Tako inaugurou o pasado mes de abril no Instituto Cervantes e na nosa embaixada no Xapón, exposición que asemade contou con fotografías sobre o seu proceso de fabricación, faladoiros, recitais, concertos e obradoiros artesanais dirixidos polo luthier coruñés…
Onte tivo lugar na Casa do Viejo Pancho a prevista charla informtiva sobre o pretendido desprazamento do centro de saúde. É un tema xa tratado en diversas ocasións en Ribadeo, pero sobre o que pouco a pouco vai xerándose nova información que comentar. A charla comezou cunha lembranza do proceso ata o momento, incluídos tanto…
Mentres a guerra na Ucraína segue aumentando o negocio internacional de armas, terrar raras, teconoloxía, etc, os mortos seguen a amorearse na Palestina baixo o mandato do ‘Acordo de Paz‘. Máis aínda, hoxe mesmo o Xapón declara que pedirá o Premio (Nobel) da Paz para o Trump que parece que vai tendo máis claro o…
Dun tempo a esta parte, a Biblioteca Maravilhas, en Arroxo, na sella entre Mondoñedo e Vilanova, ven desenvolvendo paseniñamente unha actividade dinamizadora nun medio rural. O sábado 8 a presentación de Flores de primavera no Valadouro achegará a toda a comarca ó desfrute dunha primvaera con flores: cultura e medio. E, se non fuches nunca,…
Este xoves terá lugar a charla que se parazou hai dúas semanas sobre o centro de saúde. Será ás oito da tarde na Casa do Viejo Pancho. Axusto aquí a nota de prensa que se difundiu no seu momento: O pasado luns, 29 de setembro, reuníuse a asamblea da Plataforma pola Defensa das Nosas Árbores…
Da China, tecnoloxía (non só laranxas…) Leo unha nova dos últimos dias que leva un titular inocente: “China fíxase como prioridade para a próxima década acadar a autosuficiencia tecnolóxica”. O certo e que o titulo podería estar asi mesmo en calquera xornal, como nova que se desprende do ultimo Comité Central do Partido Comunista Chino,…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (257) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (911) economía (1006) educación (319) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (136) Festas (136) filosofía (535) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (554) Illa Pancha (263) José Mª Rodríguez (385) Medio (955) Meteoroloxía (92) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (133) Pancho Campos (127) paz (161) pensións (96) plenos (221) política (1440) Recuncho da lectura (70) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (102) sociedade (3286) Suso Fernández (152) tecnoloxía (158) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (61) Ángel Alda (100)