Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Adxunto nota de prensa do BNG que remata de chegarme: O BNG de Ribadeo solicita ao goberno municipal o arranxo das pistas municipais ao seu paso por Remourelle debido ao mal estado no que se atopan. O grupo municipal do BNG de Ribadeo alerta sobre o mal estado que presentan certas pistas municipais de Remourelle…
Unha nova convocatoria pola paz en Ribadeo, o domingo ás 12:30 no Cantón.
“Por Nuestro Faro” apela á Valedora do Pobo de Galicia e á Comisión de Transparencia Hai máis de dous meses, a asociación “Por Nuestro Faro” escribiu á Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao solicitando información sobre a situación da Illa Pancha. Ante a inminente e posible renovación da concesión do illote, o grupo lembroulle a A.P.…
Deixo a continuación un escrito que me chegou a través de Crónica3: É una vergoña que na semana na que imos desenvolver un feixe de actos para conmemorarmos o Día Das Letras Galegas, teñamos que comprobar que de novo o goberno municipal de Ribadeo volve empregar sinaléctica en castelán incumprindo a ordenanza municipal vixente no…
Sentado nunha terraza nunha tarde que daba de si para iso, oio tocar as campás de Santa Clara dun xeito pouco familiar. De forma inmediata, por ese medio, chegoume a información: Habemus Papam. Un pouco máis tarde, fun ollar a Galipedia e alí estaba xa o artigo comezado sobre León XIV, que ese é o…
Non me lembraba, pero aí saltou. O mes de maio tenme deixado varias veces mal sabor de boca, a pesar do seu sol, as súas flores, do medrar dos días. Xente que se marchou para non volver, quizais co aquel de que precisamente ese medrar dos días tira máis do corpo, querendo a súa vitalidade…
Recuncho da lectura: Conta, Sherezade Conta, Sherezade. Suso de Toro. ISBN 9788411106535. Edicións Xerais de Galicia, S.A.. Vigo 2025. 285 px. Suso de Toro deixa un pouso sobre a época inmediata posterior á guerra civil como os pousos de café a ler polas (xeralmente mulleres, pero non sempre) lectoras de pousos. Novela con metanovela incluída,…
Comezo a escribir isto no ‘día da nai’ de 2025. É dicir, segundo cavilacións propias, o ‘menos día da nai’ de todo o ano, o día no que a muller que encarna a característica de nai pasa a ser algo entre obxecto de compra por substitución de valor filial e compañeiro, e gancho publicitario. Traduzo…
ACCESORIOS GALEGOS Xosé Carlos Rodríguez Rañón Nada galego é accesorio e todo o galego debería ser máis accesíbel. Esa é, a grandes trazos, a filosofía persoal, empresarial e artística da arousá Ana Miguéns, creadora duns complementos ben orixinais inspirados en diferentes manifestacións da cultura galega tradicional. As súas pezas xa foron lucidas por varias actrices…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (252) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (893) deporte (60) economía (1000) educación (316) eleccións (158) estatísticas (383) Evaristo Lombardero (133) Festas (135) filosofía (526) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (60) Hernán Naval (133) historia (542) Illa Pancha (260) José Mª Rodríguez (375) Medio (943) Meteoroloxía (92) Música (217) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (131) pensións (93) plenos (221) política (1427) residencia (128) ruído (118) ría (160) ría_si_nave_non (59) sanidade (95) sociedade (3236) Suso Fernández (140) tecnoloxía (152) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)