
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
O pasado sábadp tivo lugar a comida-homenaxe anual de Amigos del Eo, grupo informal de xentes das Figueiras, Castropol, A Veiga e Ribadeo que de xeito anual homenaxean a alguén relacionado co estudo, difusión e/ou exaltación das terras arredor da ría. Este ano tocoulle ser anfitrión ó subgrupo ribadense, e o acto celebrouse no restaurante…
Onte domingo tivo lugar a manifestación pola paz. Preto de trescentas persoas recorremos as rúas céntricas de Ribadeo, con saída e chegada ás portas do concello, pola paz. Antes de comezar, e en varios puntos do recorrido e ó remate, houbo intervencións que deixo en baixo. Durante o desenvolvemento, numerosas mostras de apoio de transeúntes,…
A pasada Semana Santa, os trailers da Panorama desembarcaban diante da nosa ventá, e tivemos que fuxir a un hotel na Veiga onde gastamos 70€ para poder durmir pola noite. Non entendín que tiña que ver a Semana Santa coa Panorama, pero xa vexo que non foi unha excepción: vai sendo a nova normalidade -ruidosa-…
Os próximos dous fins de semana haberá movida pola paz en Ribadeo, como os anteriores. Desta, vai convocatoria conxunta porque o 16 haberá unha concentración como ven sendo habitual, pero o 23 haberá unha manifestación. Adxúntase tamén a nota de prensa correspondente a esta. Nota de prensa Plataforma pola Paz da Mariña de Lugo e…
… aínda que poda soar a pouco. Paso unha nova que me chegou por correo, aínda que despois comprobeina nos xornais: A embarcación de catro sen timonel feminino da selección española xúnior, participando na súa tripulación as ribadenses Irene García e Carlota Peña, xunto á andaluza Sara Naboni e a valenciana Sara Torres, quedou ás…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (938) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (545) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (569) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (976) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (136) Pancho Campos (132) paz (205) pensións (97) plenos (226) política (1460) Recuncho da lectura (84) residencia (131) ruído (124) ría (161) sanidade (104) sociedade (3356) Suso Fernández (170) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (73) Ángel Alda (100)