Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Unha vez máis, onte houbo xuntanza pola paz en Ribadeo. Esta vez, adiantada por mor da cita electoral do próximo fin de semana, e con algún despistado coma min ó que se lle pasou a convocatoria, polo que non deixo máis que o cartel e a foto de Suso Fernández como testemuña.
Recuncho da lectura: A arte de trobar A arte de trobar. Santiago Lopo. Xerais Narrativa. ISBN 9878491212737, Vigo 2017. Da historia á imaxinación, da lectura á comprensión e estima. Unha obra suave na que un argumento de base histórico é explicativo para a nosa cultura actual. Novela ambientada arredor da persecución cátara…
Onde era e é o final dunha vida Hai uns días tiven unha chamada da Facultade de Humanidades do Campus Universitario de Lugo. Hai un libro e unha visita pendente. Todo pola lembranza daquel cabaleiro e amigo AVENTADO que quixo quedar con nós para sempre, dende a Rectoral de San Martiño ata o cultural Sargadelos…
Unha viaxe en tren 18:19, saída de Foz. En realidade, saída da estación de Foz, situada a 1,5 km ou 2 da casa do concello (segundo elixas máis ou menos seguridade peonil), a unha certa distancia do lugar máis preto onde esperar tomando un café. A hedra que cubre parte da estación vese compensada…
Pasou o día das letras galegas Si, foi onte, lembras? O día onde os discursos máis ou menos en galego encheron as novas comentadas máis dunha vez en castelán. Si, en Galicia e en medios galegos, que tentei mergullarme nalgún estatal (por ser madrileño, din) e nin unha liña aparecía adicada ó feito do…
A folga de vendedores ambulantes no mercado dos mércores, un problema hoxe xa esquecido, pero que tivo unha boa tempada a Ribadeo en vilo polo seu futuro, tivo en José María un defensor ben achegado á postura dos mercaderes e contra o concello.. Sábado, 14 de marzo de 2009 EL CONFLICTO DEL MERCADO DE…
PREHISTORIA NA RIA DE RIBADEO Pancho Campos Dorado O termo Prehistoria expresa aquela parte da Historia que abarca estudos do período da vida humana anteriores a aparición de fontes escritas. Cronoloxicamente a Prehistoria supón o 99% do transcurso da Historia do Home sobre a Terra. (1) Dun total preto de catro millóns de anos…
Ter pobres non sae a conto Non, non sae a conto. ‘Yo soy yo y mi circunstancia, [y si no la salvo a ella no me salvo yo]’ é unha coñecida frase (en particular, a primeira parte dela) de Ortega y Gasset. Soe tomarse iso, a primeira parte, como marco para dicir algo…
Cadro informativo na entrada de Der Müde Tod en es.wikipedia.org “A MORTE CANSA” Xosé Carlos Rodríguez Rañón En alemán “Der müde Tod”, filme mudo en branco e negro do actor e director Fritz Lang estreado en 1921. Lang non foi só un intérprete, mais tamén un pensador con inquedanzas metafísicas. Estaba convencido de…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (257) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (904) deporte (60) economía (1002) educación (318) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (135) Festas (136) filosofía (534) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (551) Illa Pancha (263) José Mª Rodríguez (383) Medio (950) Meteoroloxía (92) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (152) pensións (95) plenos (221) política (1437) Recuncho da lectura (67) residencia (131) ruído (119) ría (160) sanidade (98) sociedade (3274) Suso Fernández (149) tecnoloxía (155) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)