
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Coincidencia Coinciden nestes días dous conxuntos de novas que, negándome a un cualificativo desesperante como descorazoadoras, non son en absoluto para botar foguetes. Trátase por unha beira da aparición de grans de material plástico nas praias galegas, da Mariña ás rías Baixas, e por outra, da diminución da flota pesqueira, en particular, mariñá. …

Un día ‘de reis’ pola paz 6 de xaneiro de 2023. Despistado -polo día ‘máxico’ que é- das concentracións semanais pola paz nas escaleiras da Casa do concello de Ribadeo, paso por diante pouco despois das doce, no momento dunha concentración e lémbrome. Un grupo de concentrados, uns vinte ou trinta, están atendendo as…

Como primeiro sábado de mes, este sábado de reis en Ribadeo tivo lugar a concentración pensionista en Ribadeo. Algo máis de vinte persoas entre as que non estaba un despistado coma min (noutro momento de seguro volverei mencionar o tema). Como outros sábados, sei que houbo algunha mensaxe para ter conta da actualidade…

As notas do concello, que chegan ós medios por axencia e se colgan na súa páxina web, son un importante medio de dirección da atención polo concello, pero non son o único medio de comunicación que ten a institución. De feito, cousas importantes, como convocatorias ou as súas resolucións, non soen saír nas notas…

Constitución acordeón (…) Persoas con discapacidade, ¡abre a muralla!/ Estado federal, ¡pecha a muralla!/ Límite de gasto, ¡abre a muralla!/ Referendo, ¡pecha a muralla!/ (…) A canción da muralla, de Víctor Jara, acaroada á Constitución española, dá pé a coros como o de arriba. Remata de abrirse, hai uns días, un proceso rápido para…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (938) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (545) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (569) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (976) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (136) Pancho Campos (132) paz (205) pensións (97) plenos (226) política (1460) Recuncho da lectura (84) residencia (131) ruído (124) ría (161) sanidade (104) sociedade (3356) Suso Fernández (170) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (73) Ángel Alda (100)