
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Pois eso. Resulta que saíu a sentencia do xuízo contra o Concello. Non é que me satisfaga moito o resultado, pero o Concello é culpable e xa elva acumulado conmigo unha débeda de 4500€ que segue a aumentar a razón de 60€ cada mes. E, depende da interpretación (está pedida unha aclaración) pode que para…
Remirei o posteado ontes. Pasóuseme pola cabeza chamalo ‘minimalista’, aínda que o anexo sobre Hernán xa lle quita o significado. E hoxe luns sigo coa mesma. Nebargantes, a foto, da inauguración da exposición de xente relacionada con Suso Peña, vai noutro sentido. Alí díxose de outra forma (e cónstame de que é certo) que Suso…
Os domingos son (mellor, poden ser) diferentes. Aí vai a foto como única manifestación de Ribadeo hoxe (na realidade, tomada onte… sobre a costa asturiana da ría, pola mañá) A luz caída do ceo… a min faime falta despois de aguantar os sábados pola noite a movida. — De Hernán Naval, espera de ser colgado…
Hoxe trae o periódico que aumentan os casos de expedientes por indisciplinas educativas. Xa estou afeito a escoitalo, e imos con moito retraso respecto a outros lugares. Neste caso, retraso saudable. Nembargantes, que apareza na prensa que se alerta sobre a situación non me parece ben. Coido que po propio sería ir ás causas e…
… lóxico, si, claro. Pero non vai moito que me enterei aínda que o vira o ano pasado nunha propaganda do Concello citado de pasada. Resulta que os hórreos como os da foto, tomada en Vilaselán, os dese estilo, chámanse ‘hórreos estilo Ribadeo’. Certamente, teñen unha feitura que se diferencia claramente dos da Terra Cha…
Estes días son novas a aplicación da lei relacionada co tabaco (aínda!) na hostalería, que en xeral está xa con bó camiño, Cancio (o Delegado de pesca) que plantea que os barcos de pesca leven turistas para sacarse unhas pelas, balbino que opina que o ascensor panorámico de baixada a Porcillán será un monumento máis,…
A polémica sirveuse na cumpre interautonómica: ría de Ribadeo? non, ría do Eo, Touriño dixit. E en Ribadeo xa están co tema de en troques de traballar pola ría, traballar polo nome. Na sociedade actual, o que se representa ten unha importancia maior do que se fai. Pero é triste comprobalo unha e outra vez.…
Sabes quen é Pedro Casaldáliga? Pois un bispo que anda polo Brasil e a quen a igrexa (non a Igrexa) deulle abondo de paus por cousas da ‘teoloxía da liberación’, a pobreza, a ocupación de fincas e demais. Non teño moi claro o comportamento de xente como el en relación á xerarquía, pero o tío…
Hoxe, luns, é cousa de comezar ben o día. A contemplación dun xardín, por exemplo, pode facer que nos sintamos ben, a parte de facernos a ilusión posible de que é noso. Este en concreto é privado, anexo ó caserón coñecido en Ribadeo como ‘O Patín’ (foto que estará cargada hoxe mesmo na entrada sinalada…
Un amigo vai aproveitar o día para sacar fotos. De seguro que lle van saír moi ben, pois co frío e claridade hai unha limpeza no aire propia para a fotografía. A ver se o tempo aclara tamén as ideas do batiburrillo urbanístico: en Viveiro piden á Xunta a suspensión de licencias, que eles non…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (934) economía (1019) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (140) Festas (136) filosofía (544) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (64) Hernán Naval (135) historia (566) Illa Pancha (265) José Mª Rodríguez (387) Medio (970) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (135) Pancho Campos (132) paz (197) pensións (96) plenos (226) política (1457) Recuncho da lectura (83) residencia (131) ruído (121) ría (161) sanidade (104) sociedade (3343) Suso Fernández (167) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (71) Ángel Alda (100)