
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Remato de leer un titular: a terceira parte da costa mediterránea está construída. esto mentras en galiza comezan as protestas, como amosou Nigrán. Non fan falta máis palabras. Tampouco tiña tempo para dicilas hoxe… pero sempre hai algún tempo para reflexionar.
Téñome referido xa algunha vez a que os exames de selectividade son algo así como as probas de madurez das sociedades tribais, nas que se fai pasar á xente nova por probas que intentan amosar que están preparados para a vida adulta, coas responsabilidades que eso conleva en cada lugar e tempo. Tamén nesas sociedades…
Onte houbo un accidente en Ribadeo, con feridos, na estrada. É unha casualidade que puido ser desgraza, pois o choque foi frontal, pero conformouse por esta volta con ser cousa de feridos. Os dous vehículos estaban ocupados por xente da Costa do Sol, nun momento no que se discute que veñen promotores de aló comprar…
Quedaban algunhas fotos por poñer correspondentes á entrada anterior de hoxe, que non cabían…
Hai varios días recibín un par de novas que non puiden comprobar: A primeira, que a zona do xardín (‘xardín de Sela’), ó convertírese en parque de indianos, vai a perder a arboreda, cambiada por novos árbores, e sobre todo, que está previsto cambiar o seto para trocalo por … nada. A razón sería que…
Unha cousa curta para dar nova da nota de prensa mantida esta mañá en Ribadeo por Adega. Tratábase de dicir que tanto a piscifactoría de Meirengos (Acuinor / A. Cascos) como a de Pescanova en Piñeira non son só inconvintes para a zona, senón tamén consideradas ilegais, e sobre todo, que Adega continuará loitando sen…
Coido que hai que distinguir. Unha promesa fáise e tenta de cumprirse. Unha mentira é algo que se di consciente (quen teña dificultades de comprensión, ten un diccionario en liña (o Galizionario colaborativo, irmán da Galipedia), e máis, como o dicionario da CRTVG ou outros aínda…). Onte, na prensa, no interior dunha nova onde se…
Onte dixéronme que o título era un dito da época da restauración. Coido que podería ser un dito de hoxe en día, e mesmo diría telo escoitado non hai moito, aplicado á actualidade. Para mín, que non se aplica só ás persoas, senón mesmo ás cousas. As tres fotos de hoxe manifestan, a primeira, un…
Nun pequeno oasis sobre a denominación da ría de Ribadeo parece que hai xente empeñada en buscar, cos seus actos, un novo nome á terra de Ribadeo: terra de insultos. Hoxe aparece nos diarios cómo, o mesmo día que se reúne a xunta de seguridade, o alcalde chama chorizo (‘suposto’) ó xefe da oposición. Edificante.…
Esquecínme antes e por eso esta segunda entrada de hoxe. Entereime onte (cría que polo blog de Mariano, pero comprobo que non foi así) dunha campaña das ciberirmandades da fala en relación a que a web do concello de Ribadeo non esteña en galego. De paso que aviso a todos os que caedes por aquí,…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (257) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (911) economía (1006) educación (319) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (136) Festas (136) filosofía (535) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (554) Illa Pancha (263) José Mª Rodríguez (387) Medio (955) Meteoroloxía (92) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (133) Pancho Campos (127) paz (162) pensións (96) plenos (221) política (1441) Recuncho da lectura (71) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (102) sociedade (3288) Suso Fernández (153) tecnoloxía (158) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (61) Ángel Alda (100)