
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Onte, na portada dun xornal atopábase no titular adicado á Mariña algo así como: “Vacas controló las llamadas de Teléfono de Reinante”. Abrindo por causalidade, o primiero que atopei foi unha sección co título “Carnaval na Mariña”. Peguei unha gargallada, pero pensándoo ben, non é para rir. Hoxe o mesmo periódico fala de pesadilla para…
Onte o pleno estivo vacío, pero non pola falta de público (3 persoas), nin pola falta de Santiago, esperada por moitos, nin pola do alcalde, senón pola ausencia de contido. Nun pleno ordinario, que ademais foi posposto unha semana, había tres puntos, entre eles, a aprobación da acta anterior, outro de trámite e rogos e…
Esta tempada hai dous paseos que teñen un atractivo de estaren en sazón, en época apropiada para ser realizados en condicións que posiblemente non se repetirán. O primeiro comezaría na pista de deportes de Rinlo. Collendo á beira do mar o paseo, percorreríamolo todo ata o seu final, entroncando coa estrada que pasa por diante…
Lembro hai anos ter lido a expresión ‘polígamos sucesivos’ en relación a un concepto que no seu momento eu vin como novo: o feito da existencia do divorcio pemite o emparellamento legal con máis dunha parella, se ben non ó tempo. A parte de que a expresión coido que non é afortunada por exemplo polo…
Onte daba nota da xuntanza de municipios da España Verde, excelencia turística e demáis en Ribadeo. É unha mágoa que Ribadeo sexa punto de xuntanza da xente de fora e non sexa capaz de selo da súa propia xente. poñamos, Mesa de asociacións de veciños e alcalde. Queda a cousa, despois de diversas diatribas na…
En tempos pasados, podíase dicir que a fe movía montañas. Hoxe o que move montañas é a propaganda. Dende que xente como Goebbles a puxera de moda de xeito tráxico no ámbito político, ten evolucionado moito e ten sido posta ó servicio de diversas causas. É certo que Ribadeo ten condicións naturais para ter turismo.…
Mentres en Ribadeo segue con sordina o caso Reinante no PSOE, alcalde, Secretario e arquitecto aparecen como imputados pola licencia a ACUINOR (piscifactoría de Meirengos), incrementando o circo municipal. Por casualidade, entre onte e antonte, en comarcas vellas (primavera 2005), vin cousas como que Gilberto Suárez, citando fontes con mando municipal databa o final da…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (939) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (545) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (569) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (977) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (136) Pancho Campos (132) paz (207) pensións (97) plenos (226) política (1461) Recuncho da lectura (84) residencia (131) ruído (124) ría (161) sanidade (104) sociedade (3359) Suso Fernández (170) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (74) Ángel Alda (100)