
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
De novo aparece a apatía. Esta volta entre os comerciantes, como un dos puntos básicos para que despois de 9 anos Gervasio Cao deixe a presidencia da Asociación de Comerciantes. Coido que nalgúns puntos, Cao e máis eu temos coincidencia de opinións. Noutros, oposición total. Así, por exemplo, aparece como un dos logros punteiros alardeados…
O título corresponde á expresión dun pre-adolescente veciño de Ribadeo ó chegarlle á casa familiar propaganda eleitoral, a ‘sábana’ que envían de propaganda para a Senado, na que teñen que figurar todos os partidos. Pois si, neniño, non só son dous partidos, senón toda esa ristra que ves. Hai os dous coñecidos, está o BNG,…
Onte vin parte da confrontacion televisiva entre os dous príncipes dos partidos maioritarios. Coido que Zapatero levoulle a ventaxa lixeiramente a Rajoy, se ben non andiveron finos ningún dos dous en moitos momentos, con meteduras de pata como a de Zapatero co canon ou as repeticións de Rajoy co terrorismo (que secundou en parte Zapatero).…
Pouca cousa de novo estes domingo. Deixo de testemuña do avance na campaña o correspondente a unha comida-mítin (novo concepto para sufragar gastos con clientes ó estilo americano?) realizada onte e un mítin-mítin a realizar hoxe. Xa andan anunciándoo para o próximo domingo. Parece que para chamar a xente xa non chega con chamala unha…
Ó comezo da campaña eleitoral pódense facer algúns xogos. por exemplo, combinar os lemas das vallas que se van poñendo (en Ribadeo, polo momento, vin cartelería de tres tipos: PP, PSOE e BNG), como fixen no título desta entrada. Por certo, que sendo quizais o do BNG o lema que menos chama ‘á interioridade’ dun,…
Comezou a campaña. Onte mesmo, falando de pasada con outras dúas persoas, que coido en principio de ideas políticas máis ben algo distantes das miñas, sobre o debate que levarán a cabo dentro de tres días Rajoy e Zapatareo, comentei que xa estaba sabido quen gañaría. Pola cousa ‘de pasada’, quedei sen poder aclarar máis,…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (941) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (545) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (573) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (979) Meteoroloxía (94) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (138) Pancho Campos (132) paz (213) pensións (99) plenos (227) política (1461) Recuncho da lectura (86) residencia (131) ruído (126) ría (161) sanidade (104) sociedade (3372) Suso Fernández (170) tecnoloxía (164) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (76) Ángel Alda (100)