
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Como segunda de hoxe (ver a primeira), un tema que remato de ver na prensa. Ata o 27 (pode que polo tema dos Santos Inocentes, para que non se confunda) teñen as asociacións sen ánimo de lucro para pedir subvencións …polas actividades xa realizadas. O convocante, o concello de Ribadeo. É unha tendencia que non…
Para comezar hoxe poño algo de producción propia: unha carta ó alcalde que espero que vaia saíndo na prensa estes días. Máis adiante seguramente poñerei algo máis. ” Estimado sr. alcalde de Ribadeo: Aclarar primeiro que o anterior non é un formulismo, senón que realmente estímoo. Paso a dicir que o pasado fin de semana,…
Disfrutemos mentras podamos. Onte á tarde collín a volta da Navarret na Illa Pancha, xusto antes de entrar na ría. Ningún barco máis no horizonte próximo, encadrada entre a Pancha e a península, seguida de gaivotas, primeiro ocorréuseme que traía boa pesca, e logo a imaxe propia da volta en solitario, exceptuadas as delatoras aves.…
A obra de Jaureguízar tivo onte representación teatral en Ribadeo, no Hernán Naval, a cargo de xente da terra. Sen ler antes o libro, nada máis que por referenciads, podo dicir que a representación foi abondo semellante, mimética, do mesmo: tres ducías de narracións curtas das que algunhas, alomenos para min, resultaron crípticas, pero non…
Onte, da man de Chemi Lombardero, foi presentada unha visión de Gregorio Sanz, D. Gregorio. Unha persoa humana (se cabe a redundancia) da que Ribadeo se beneficiou boa parte da súa vida. A conferencia forma parte das conmemoracións polos dez anos do seu pasamento que organiza o Colexio Público que leva o seu nome. O…
Non sei por que, pero parece que se chama así a unha iniciativa á que se va acoller os centros de medias de Ribadeo: un par de rapaces ou rapazas de medias van actuar de radares de detección de problemática de conflictos. Coido que algo parello está actuando de xeito piloto dende hai varios anos…
Supoño que a maioría da xente que le de xeito continuado o blog terá pasado pola biografía de D. Gregorio Sanz, mestre en Ribadeo. Agora, mañá venres 14 de decembro, terá oportunidade de asistira a unha visión algo máis extensa, unha charla titulada ‘Gregorio Sanz e a súa época’, impartida por Chemi Lombardero, mestre no…
Collo dende o blog de Jorge Cortell un texto de José Luis Sampedro que vexo que se atopa no Dominio público: POR LA LECTURA Cuando yo era un muchacho, en la España de 1931, vivía en Aranjuez un Maestro Nacional llamado D. Justo G. Escudero Lezamit. A punto de jubilarse, acudía a la escuela incluso…
Na xeración pasada, Finlandia tiña para os peninsulares unhas características de descoñecemento ás veces bordadas por tópicos como o país do Papá Noel, a sauna, grandes bosques, frío … poucas eran as persoas que, ademais, sumaban os lagos ós bosques, a guerra coa Unión Soviética e posterior fronteira a modo de Finisterre na guerra fría…
A hidrográfica do norte, pola seca. E é que a pesares de que na Mariña si o está a facer (algo), non chove e hai seca. O bonsai atlántico, a parte de sere enanizado, agora non ten auga, e a que ten está sendo contaminada de xeito sistemático dende hai anos sen moita solución polo…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (925) economía (1016) educación (319) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (138) Festas (136) filosofía (542) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (64) Hernán Naval (133) historia (563) Illa Pancha (264) José Mª Rodríguez (387) Medio (966) Meteoroloxía (93) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (134) Pancho Campos (130) paz (184) pensións (96) plenos (224) política (1451) Recuncho da lectura (80) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (103) sociedade (3325) Suso Fernández (163) tecnoloxía (161) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (67) Ángel Alda (100)