
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Remato de enterarme que onte foi rexeitada unha iniciativa para variar a planta dos partidos xudiciais, é dicir, para crear un partido xudicial para Ribadeo. Non o entendo. Mellor dito, si entendo que se votara en contra, pero non que hai menos dunha semana se dixera o contrario. Non vou insistir máis no tema. Mentras…
O primeiro pensamento é quizáis o alongar a fin de semana. Máis cando se trata do primeiro luns despois dun cambio de horario recesivo como iste, no que toca durmir unha hora menos/levantarse relativamente unha hora antes. Estou oíndo un camión do lixo dos que multarían en Bilbao por pasarse de decibelios. Aquí, antes de…
A raíz dunha nova, buceo no Instituto Nacional de Estatística. O resultado, a poboación da provincia de Lugo prevese que dentro de dez anos estará entre 316000 e 321000 persoas. É dicir, menos que na actualidade (347000), entre un -5% e -10% en dez anos. Con datos de toda a provincia, o único concello no…
Esta noite que ven, madrugada do domingo, ó chegar ás 2 os reloxios deben adiantarse ás 3, para ir máis acompasados os horarios comerciais co Sol, o chamado ‘cambio de hora legal’. Coido que prefriría que técnicamente foran os horarios comerciais os que variaran, pero así está esta a cousa. Hoxe tamén, de oito a…
Foi no 1969 cando ribadeo perdeu a categoría xudicial de Partido, que dende entón leva laiando. Aínda con escepticismo, está comezando a máis seria das embestidas acometidas para logralo de novo. Máis seria por ser una petición da Xunta ó ‘Goberno Central’, pero con moito escepticismo pois as informacións son de que abranguería só o…
Antonte saíu nos xornais a petición de mellora para a N640 ata Porto. É unha estrada que certamente da problemas circular por ela e que soporta abondo tráfico, algo que se notou máis dende a circunvalación, que fai que o condutor non desconecte da boa estrada antesde meterse nas curvas. Despois da petición xa viñeron…
O servizo que ofrecen algunhas compañías en Ribadeo. Levamos xa uns cantos meses nos que a conexión a internet sufre calquera avatar que se considere posible, pero este inverno, despois de varios cortes máis pequenos, remata de dar paso a unha primavera prometedora: máis dunha hora estivo a grande maioría de Ribadeo sen corrente eléctrica.…
O PXOM pouco a pouco volta ser actualidade en sentido diferente. Neste caso, informativa, pois xa está disposto o servizo de explicacións do concello, que atenderá despois de chamar para pedir vez. Atenderá na vella oficina de turismo, nun horario abondo estreito (non sei por que tan estreito). Todo, aínda antes de comezar o prazo…
Por hoxe, só unha pequena nova: o parque de indianos xa está en obras. É dicir, rematouse o ‘Xardín de Sela’?
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (925) economía (1016) educación (319) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (138) Festas (136) filosofía (542) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (64) Hernán Naval (133) historia (563) Illa Pancha (264) José Mª Rodríguez (387) Medio (966) Meteoroloxía (93) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (134) Pancho Campos (130) paz (184) pensións (96) plenos (224) política (1451) Recuncho da lectura (80) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (103) sociedade (3325) Suso Fernández (163) tecnoloxía (161) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (67) Ángel Alda (100)