
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Preparando a manifestación do día 10: Ria si, nave non Segue segundo o previsto a preparación da manifestación do domingo 10 en Ribadeo, que terá como lema ‘Ría si, nave non’. Vanse recibindo os primeiros apoios, contamos xa con xente de ambas marxes da ría e tamén coa criación dunha coordinadora de veraneantes,…
Coido que é cousa de deixar por un momento máis detalles do PXOM: o Goberno do Principado de Asturias pide explicacións á Xunta pola nave. Vamos, que non deixou pasar tempo para pensalo, e menos cando se comentaba que a alternativa a Ribadeo era Avilés. Os alcades da outra beira tampouco temen obxectar unha obra…
Si, haberá que protexelas: na imaxe de O Valín- A Capela- a Pastoriza, o S.R.P.Ag que aparece, atravesando a imaxe dende a parte superior dereita ata o centro de abaixo, inclúe o depósito de residuos, prácticamente onde está sinalado o rótulo. Engado tamén o polígono industrial. Non porque teña nada de especial (quizáis o que…
Vale, hoxe é primeiro de maio. É cousa de lembrar que a loita dos traballadores polo control das nosas vidas, e conmemoralo. Pero pode que o mellor xeito de facelo sexa precisamente traballando nesa loita. Como os gandeiros estes días, coa manifestación en Santiago. Ou nas xuntanzas mantidas ontes sobre o plan urbanístico de Ribadeo,…
Despois do primeiro e segundo post de hoxe, a nota de prensa correspondente do concello: nota de prensa O ALCALDE DE RIBADEO TILDA DE DISCUTIBLE O PROXECTO DE CONSTRUCCIÓN DUNHA NAVE DE GRANDES DIMENSIONS NO PORTO DE MIRASOL Ribadeo, 30 de abril de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, non quere facer valoracións precipitadas…
A modo de relaxo do post anterior sobre a construcción da nave en Mirasol, tentando de sorrir, cargo unha imaxe do plan, sobre o planeamento dos concellos limítrofes, di. Trátase da zona límite con Barreiros; está sinalado o Comado cun punto vermello, e, en pleno concello de Barreiros, na parte superor da imaxe, un pequeno…
Entérome do novo paso dado por portos en relación ó porto ribadense. Elixido o momento, xusto cando están as augas municipais máis movidas polo tema do PXOM, construtores multados, etc, xusto agora, é a presentación de portos sobre a nave no peirao de Mirasol. Xusto despois de non dar información durante meses. Xusto ó xeito…
Se non te entende, confúndeos. Unha frase que escoitei como consello dun terceiro ó meu interlocutor hai cousa dunha semana. Parece escollida para tratar algunha cousa do PXOM, que por outra parte ten apartados que son ilustrativos, parecendo aqueles vellos cadernos de hai unhas dúas décadas, coido que titulados ‘Para coñecer Ribadeo: A Vila’ e…
Falta fai. E necesidade. O título corresponde ás verbas dunha teóloga autora dun libro de Educación para a cidadanía. O feito de que sexa teóloga dálle un pouco mías de glamour a un tema que ven enfrontando igrexa (e defensores políticos das posturas expresadas pola igrexa como estrutura de mando) co goberno do estado dende…
Remato de ler que as multas a construtores en Ribadeo foron acollidas con ‘sorpresa e recelo’. Non podía ser doutro xeito cando, a máis de ser a quen se lle impoñen, están afeitos a que non pase nada e non dan crido que agora si poda pasar. O ver unha multa de 57.000€ (nove millóns…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (926) economía (1016) educación (319) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (138) Festas (136) filosofía (542) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (64) Hernán Naval (133) historia (563) Illa Pancha (264) José Mª Rodríguez (387) Medio (966) Meteoroloxía (93) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (134) Pancho Campos (130) paz (184) pensións (96) plenos (224) política (1451) Recuncho da lectura (80) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (103) sociedade (3326) Suso Fernández (163) tecnoloxía (162) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (67) Ángel Alda (100)