
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Onte vin unha nova entrada do blog de José Mª sobre o PXOM. Coido que se alguén está interesado / interesada, da unha letura sen desperdicio. Hoxe prefiro non poñer máis comentarios diretos, senón anacos dunha entrevista do El País Semanal de onte a Jorge Olcina, Xeógrafo. Naturalmente non se ten por que comulgar exactamente…
Por certo, pasóuseme a cifra de 50000 visitantes do blog, que debeu cadrar hai cousa de un par de semanas polo menos.
Hoxe sairá (en cousa dunha hora, segundo o programa da semana Santa de Ribadeo) a xente segundo ‘manda a tradición’ con algunha prenda nova e procesión de ramos. É domingo, fai un día espléndido, a xente da noite sa deixou de facer ruído e en xeral non irá ó desfile eclesiástico. Nun día así, non…
Coido que ise pode ser o resume das novas que se poden ver na prensa estes últimos tempos en relación a Ribadeo. Mentras o alcalde tira adiante e ten ocupado a quen o poda criticar coa avaliación do PXOM (do que sempre pode dicir que saiu adiante con unaimidade), a oposición desaparece do mapa, non…
Remato de recibilos por correo electrónico coa petición da súa difusión. Xa os ía difundir igual, pero máis tarde.
A web do concello co tema das descargas do PXOM: é grande o tamaño e hai moitas. Por certo, que hai que lembrar que os dous meses de alegacións comezan a partir da publicación no boletín, cousa que se soe retrasar algún tempo e que hai que contar porque o volume de información do plan…
Despois de comentar a súa aprobación no pleno, e de dar o seu enderezo electrónico, toca agora dar uns primeiros pequenos consellos ós interesados no Plan xeral de ordenación municipal de Ribadeo. A primeira, facer o análise dende a páxina principal do propio plan, premendo co rato na primeira ligazón das que poño. Son moitas…
[ Nota posterior que invalida a información inicial da entrada: Por cambios na páxina do concello, entre outras cousas, a ligazón para entrar no PXOM a 20240415 é https://siotuga.xunta.gal/siotuga/inventario.php?inv=1&idconcello=27051#. Pódese acceder igualmente a través dunha páxina con outra moita información: https://siotuga.xunta.gal/siotuga/inventario.php?inv=1&idconcello=27051.] — Entrada tal como estaba ó comezo: — Reproduzo a continuación a páxina…
Unha volta rematado o tema principal das eleccións, (tamén aquí, complementando o anterior) Onte saíron as axudas para a instalación de empresas en diversas zonas (‘áreas prioritarias’). Entre esas diversas está Ribadeo. Hoxe sae na prensa un pequeno recadro lembrando que as axudas, se non se controlan, valen sobre todo para facer unha transferencia…
Onte, pasadas as eleccións xerais, de novo a política local voltou a poñer o seu gran de area no interese público. Pleno en Ribadeo co aforo cheo a contagotas (do mesmo xeito se vaciou logo), o que permitiu que, acompañado en parte polo funcionamento dos altofalantes, os portavoces tentaran sacar algo de oratoria. Unha…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (257) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (911) economía (1006) educación (319) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (137) Festas (136) filosofía (535) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (554) Illa Pancha (263) José Mª Rodríguez (387) Medio (955) Meteoroloxía (92) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (133) Pancho Campos (127) paz (163) pensións (96) plenos (221) política (1441) Recuncho da lectura (71) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (102) sociedade (3288) Suso Fernández (154) tecnoloxía (158) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (61) Ángel Alda (100)