
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Despois do ‘informe sobre a nave de Mirasol‘, e complementando de xeito parcial, hoxe só algunha foto tomada dende o Parador da zona onde se pretende artellar a nave (coa intención de facer unha composición perspectiva cando poda) e as ligazóns á nova recollida nos xornais da visitas do Presidente de portos onte (Na Voz,…
Cando se estuda ós seres vivos, soe comezarse pola descrición do seu ciclo vital. De xeito básico, nacen, medran, aliméntanse, reprodúcense e morren. O ciclo pode cortarse en calquera momento debido a causas diversas. Estámolo vendo tódolos días coa xente, vendo a incidencia dos accidentes nese ciclo vital, ou mesmo a diferente taxa de desgaste…
Horas despois da cacerolada, xa teño máis datos sobre participación. De tres fontes diferentes, 40, 50 e preto de 100 persoas. Fíome das dúas primeiras máis que da última, pero media centea de persoas para algo que non tivo un mínimo de organización homologable non está nada mal. Pola tarde fun á xuntanza co Presidente…
Ó final, non puiden ir. Pero polo que parece, un grupo de xente abondo nutrido presentouse con chifles e cuchufletas coincidindo coa chegada do Presidente de Portos de Galicia. É dicir, enteráronse non só os políticos locais senón tamén o visitante.
Un terremoto en China matou tanta xente como todo Ribadeo. Sucedeu onte, e fai pensar na oposición que podemos facer a xente ante as forzas da natureza. A nave na ría non é unha forza da natureza. Detrás hai xente cos seus intereses. E fronte a ela, tamén estamos xente. Máis. Pero… menos organizados, con…
Está visto, ás veces acumúlanse as cousas e hai que elixir. Neste caso, PXOM e luz quedan momentáneamente detrás da protesta contra a nave na ría de Ribadeo, un proxecto que hai pouco parecería inconcebible. Mentras, é cousa de dar agradecementos, xa que a ría non pode dalos de palabra (é agradecida de obra, diso…
Coido que me faltaba por poñer na entrada de ‘Semana reivindicativa‘ algunha cousa. Xa sinalei o escrito enviado a Begasa e fixen referencia a el como un fito o que dez asociacións de veciños se puxeran de acordo para facer tal cousa. Asemade, fixen referencia á xuntanza informativa sobre o macro galpón na ría, e…
Deixoume mal sabor de boca a xuntanza de onte sobre a nave do porto. Haberá abondo máis, pero de pronto, só unha nota de prensa: — Nota de prensa da AVV O Tesón de Ribadeo — En relación coa actual nova de inicio de tramitación para a concesión administrativa dunha terminal cuberta no porto de…
Hoxe, venres, ás 20:00, no salón de actos de Sindicatos, xuntanza sobre a nave que se proxecta en Mirasol. Sen comentarios.
Pola prensa entérome de algo que esperaba e ó tempo temía que non fora: a ponte dos Santos, sobre a ría de Ribadeo, a que fora asinada no último Consello de Ministros de Calvo Sotelo, sendo Antonio Martínez alcalde, terá, está comezando a ter, paso de peóns nos 25,25m de anchura que leva. É dicir,…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (257) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (911) economía (1006) educación (319) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (137) Festas (136) filosofía (535) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (554) Illa Pancha (263) José Mª Rodríguez (387) Medio (955) Meteoroloxía (92) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (133) Pancho Campos (127) paz (163) pensións (96) plenos (221) política (1441) Recuncho da lectura (71) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (102) sociedade (3288) Suso Fernández (154) tecnoloxía (158) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (61) Ángel Alda (100)