
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Son as dúas músicas básicas que constitúen a sinfonía deste domingo, abondo máis acordes co esprito que o tam-tam dos garitos de noite e os berros que continúan moitas das aperturas de portas. Onte foi o concerto de Santa Cilla da BMMR no Hernán Naval. Deixo para outro momento a lista de músicos que leva…
Vexo un par de promocións de Ribadeo. Unha, na revista do clube de lectura Biblos, na que se promociona ‘Os mortos van á présa’ cunha foto en Rinlo onde saen varios ribadenses, e outra, coa nova de que patrimonio autoriza ‘melloras’ en Porcillán, a maior groria do Clube Náutico e como primeira andanada de noticias…
Os estorniños teñen xa dende algún tempo, comezada a reocupación do parque, facéndose o seu niño na palmeira máis norte de todo o parque (esquina co cantón), pero agora vénse acompañados na súa ocupación pola nova carpa para o mercado do nadal, que compite en espazo co acotado para os 4×4 que actúan esta tarde…
Hoxe, ás sete da tarde no pavillón do CEIP Gregorio Sanz, terá lugar un concerto contra a violencia de xénero. Hora e media máis tarde, no auditorio Hernán Naval, a A.C Francisco Lanza presenta Recuperando a memoria, o nº 5 dos Cadernos Ribadenses, que recolle as conferencias ditadas por Lourenzo Fernández Prieto e…
Despois do paso das xornadas de historia medieval, sucédense as historias na comarca. As fotos de hoxe son da Veiga, tiradas dun correo electrónico da concellería de cultura, e responden á recollida de Carlos Xesús Varela Aenlle, da asociación cultural Abertal, e presentadas na Escola Fermín Penzol deste ano. Aínda que, despois de ler a…
Na anterior entrada do blog, “Nova páxiva do concello”, deixo caer algo sobre os 120m do cargueiro encallado onte no tesón fronte a Mirasol. Lembraba ter escrito xa algo relacionado. Aquí está unha entrada, ‘Novas de xente amiga‘ (11 de xuño 2008) na que aparece a imaxe que acompaño e que presenta ás claras…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (941) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (546) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (573) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (979) Meteoroloxía (94) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (138) Pancho Campos (132) paz (213) pensións (99) plenos (227) política (1461) Recuncho da lectura (86) residencia (131) ruído (126) ría (161) sanidade (104) sociedade (3372) Suso Fernández (170) tecnoloxía (164) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (76) Ángel Alda (100)