Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Vexo hoxe no blog de Jorge Cortell varios artigos que me gustan sobnre política, ideas e sociedade. Deixo só unha ligazón, que fala no mesmo sentido que teño feito eu en moitas ocasións.
Vexo a nova de que o Concello de Castropol foi multado por Medio Ambiente con 600 € polos verquidos en Penarronda, procedentes do Polígono Industrial de Barres. Algo que xa saíu no blog con anterioridade e que fixeron ver os ‘Amigos del concejo de Castropol’, que tamén teñen alertado das deficiencias dos verquidos á ría…
Teño noticia da comisión de goberno de hoxe porque segundo parece váise tratar entre outras cousas a que coido é rocambolesca reclamación de soldo de Balbino Pérez plantexada hai uns meses, case 13 000 € por 53 días que lle quitaron o soldo de alcalde. Mágoa que trascenda públicamente na prensa ese tema e non…
Coido que hoxe serei breve. Dous artigos, un de Almudena Grandes, “Cultura” e outro, unha noticia abondo máis achegada, sobre a permisividade e compangueo municipais, explícanse por si sós, aínda que se poidera seguir moito máis.
Un dos puntos álxidos da película Cabaret. O primeiro que se me veu á cabeza despois da xuntanza desta fin de semana nos EUA dos xefes de estado dos países industrializados. Por fin se poñen de acordo, e todo o mundo regocixado porque van gastar máis cartos para solucionar unha crise sacándolle as castañas do…
Conclúe o sellado do antigo vertedeiro… Coido que se clausurou no 2001 cunha nova semellante. Esperemos que sexa de vez. Turismo promocionará A Mariña. Enésima vez, e no medio, queixas por esa promoción. O tramo de Porto a Ribadeo é considerado de alto risco: calquera que pase por alí sábeo; non son necesarios radares, por…
Sobre o tema da comisión para o hospital: ” NOTA DE PRENSA CONXUNTA SOBRE A COMISIÓN DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ EN MATERIA SANITARIA Asinantes: Asociación de Veciños “O Castro” de Foz Asociación de Veciños de Forxán Asociación de Veciños de Cangas Asociación de Veciños “O Vencello” de Burela Asociación de Veciños “O Tesón” de Ribadeo Asociación…
‘Os pobre sodes máis pobres, e punto’ tomado dunha viñeta de Romeu (10/10/2008), en síntese, mentras contemplo a foto Bush-Berlusconi con cara de burla.
Un post máis hoxe para reflexar unha información suplementaria dos códigos postais. Información que por certo está relacionada no caso de Galicia coa prestación de servizos que as estruturas estatais/autonómicas/provinciais/locais ofrecen na realidade e as prometidas, e as que funcionan. O tema está relacionado con temas sociais, pero tamén políticos, económicos ou culturais.
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (253) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (896) deporte (60) economía (1000) educación (318) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (134) Festas (136) filosofía (532) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (547) Illa Pancha (262) José Mª Rodríguez (380) Medio (944) Meteoroloxía (92) Música (217) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (138) pensións (94) plenos (221) política (1432) Recuncho da lectura (60) residencia (130) ruído (118) ría (160) sanidade (98) sociedade (3248) Suso Fernández (143) tecnoloxía (152) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)