Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Sobre asociacionismo A AVV O Tesón ten xa tras de si un camiño recorrido. Dende o ano 2003 andando cara as eleccións, que foi fundada, é xa por desgraza con diferencia de tempo a avv máis lonxeva do núcleo urbano de Ribadeo. Por desgraza porque ten habido outras que foron suspiro dun día, aínda que…
… por algo foi noiteboa. Bo Nadal co belén de Vilaselán. A notar que o neno-Deus aínda non está presente (aínda non nacera) e os reis están a comezar o seu camiño. Vese asemade que o Belén está chantado dentro doutro mundo, aínda que se tente adornar como facendo un a parte.
Hoxe haberá mercado de Nadal. E non me refiro ás entradas para o partido / propaganda de A Coruña entre Galicia e Portugal, que serán sinxelamente repartidas, senón ó mercado dos mércores. Parece que ante o que pode ser un día forte de emrcado os comerciantes abandoarán hoxe a folga. Parece ser tamén que se…
Na rúa peonil Rodríguez Murias comezou a moverse o solar xusto fronte á rúa Calvo Sotelo, despois de pasar moito tempo en malas condicións. Agora está limpo e disposto para construír, co que é de supoñer que pronto se verá aí un novo edificio, de fachada parella ó que caeu, se nos fiamos das fotos…
De cando en cando, a falta de novas (hoxe, por exemplo, á espera de que o gordo toque en Ribadeo) ou un pouco por pasotismo, collo cousas do propio blog. O outro día, en ‘Temperatura ambiente‘ atopei un comentario pedíndome explicacións sobre o nome do blog, que califica de desafortunado despois de aminorar un…
Unha volta máis, váise actuando contra o ruído, aínda que Ribadeo vaia con retraso en tomar medidas… como se pode ver moitas noites.
Aventura da Mariña é un libro novo de Eduardo Baamonde pagado polas fundacións comarcais das tres Mariña nas que hai algúns anos se dividiu a nosa Mariña. Tenta de poñer en resalte para os nenos as bondades e cousas salientables da terra, acompañado de imáxenes como as que se ven da portada e a contraportada.…
Recibín hai poucos días o calendario da banda e o listado de actuacións previstas xunto coa presentación da nova directiva (bilingüe). Coido que é extensible, ao menos como propaganda, a todos.
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (257) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (904) deporte (60) economía (1002) educación (318) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (135) Festas (136) filosofía (534) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (551) Illa Pancha (263) José Mª Rodríguez (383) Medio (950) Meteoroloxía (92) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (152) pensións (95) plenos (221) política (1437) Recuncho da lectura (67) residencia (131) ruído (119) ría (160) sanidade (98) sociedade (3274) Suso Fernández (149) tecnoloxía (155) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)