
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Coido que hai abonda intoxicación no tema e un montón de intereses. Por iso as novas como istas necesitan unha difusión ‘boca a boca’: “Descargarse 3.322 películas y un número indeterminado de canciones para uso particular o para intercambiarlas con otros usuarios de Internet sin ánimo de lucro no constituye delito.” O compromiso dunha rede…
Con lama, colmatado, sen ducha, sen socorrista, con auga máis cocha do corrente, pero concorrido. Así é estes días o ‘parque-praia’ dos bloques. Lama, como é xa tradición, pero algo máis, que se vai acumulando de ano en ano. Colmatado, asemade cada vez máis. Sen ducha, porque soen poñerse máis tarde, entre o 15 de…
Ribadeo xá conta con unha Orquestra de Cámara. A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo que dirixe Lourenço Cruz, segue presentándonos novos feitos, e desta vez con algo novo en Ribadeo, unha “ORQUESTRA DE CÁMARA”. Esta formación esta formada por alumnos/as do propio centro, e con unha orquestración de cordas e ventos, que…
Continúa a aparecer na prensa, auspiciada polas notas informativas do concello, información relativa ó bicentenario da batalla de Arante e a recreación feita pola asociación coruñesa. Moito máis desapercibido pasou un torneo que no seu sexto ano levou ó Pepe Barrera a abonda xente, levándose o gato á auga os pequenos ribadenses, a pesares de…
De cando en cando aínda me chega algún comentario mal encarado sobre os recheos ou a macronave que se pretendía facer en Mirasol. Paso por diante e vexo os montóns co sal? acumulado no último recheo dende hai … seis meses? Non debe chegar aínda, pero non debe faltar moito. Xa mermado na base a…
Só unha pequena nota: Recibín un comentario sobre o tamaño da letra usada. Non fixen ningun cambio, que me decatara. A letra pódese ampliar mantendo pulsada “Ctrl” e dándolle a “+” e reducir con “Ctrl” e “-“. Espero que con iso se amañe…
A representación desta fin de semana cos franceses como opoñentes lembroume outras batallas que se libran por Ribadeo. Por exemplo, no parque. As tendas que cada pouco invaden os paseos e as súas beiras. As que deixan maltratada a herba que logo hai que coidar, cando non queda tan mal que hai que remover e…
Hoxe descóbrese unha placa polo douscentos cabodano da batalla de Arante (en realidade, xa feitos a finais de xaneiro). Hai regocixo oficial por como está a saír a fin de semana coas novas representacións de batallas e en xeral da época das loitas napoleónicas por parte da asociación napoleónica coruñesa, adicada a facelas. E unha…
Hai xa tempo, poñía nun post a nota correspondente á instalación do Lidl, agora xa inaugurado, e engadía ó final que parecía non haber contrapartidas. Este post é unha corrección: si hai contrapartidas, unha rotonda, aínda que non no mesmo sentido que as achacadas cando a instalación do hiper de Eroski (se non lembro mal,…
O Concello aposta polo turismo: un día despois de que fora presentada a nova campaña anual dirixida a que os asturianos veñan en tren ata aquí a pasar a fin de semana no verán, e dous despois da recepción das bandeiras azuis para Os Castros e Illas, e para As Catedrais, sae a noticia de…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (926) economía (1017) educación (319) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (138) Festas (136) filosofía (542) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (64) Hernán Naval (133) historia (563) Illa Pancha (265) José Mª Rodríguez (387) Medio (967) Meteoroloxía (93) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (134) Pancho Campos (131) paz (186) pensións (96) plenos (224) política (1451) Recuncho da lectura (81) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (103) sociedade (3328) Suso Fernández (163) tecnoloxía (162) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (67) Ángel Alda (100)